Un complemento de NVDA con algunhas melloras de accesibilidade para a interface do administrador de libros electrónicos Calibre
As teclas de atallo pódense persoalizar nas Preferencias do NVDA > Xestos de entrada cando o Calibre estea aberto. Tamén podes definir nas preferencias a maneira na que NVDA le os encabezados de columna na biblioteca (filas e columnas, só columnas ou ningunha).
Bótalle unha ollada á documentación de Calibre para coñecer máis atallos de teclado.
Cuberto pola GNU General Public License. Le o arquivo COPYING.txt para máis detalles.
[[!tag dev stable]]