Emoticons

Ó se utilizar este complemento, o texto falado que conteña carácteres de emoticón reemprazarase pola súa descripción máis amigable.

Por exemplo: a secuencia ":)" falarase como "cara sorinte", ou por exemplo NVDA recoñecerá o significado de cada emoji.

Podes aproveitar as seguintes características:

Insertar Emoticón

Ás veces unha imaxen vale máis que 1000 palabras: usa o novo emoji para animar a túa mensaxe instantánea e para que os teus amigos sepan cómo te sintes.

Cando non esteas seguro dos caracteres para un emoticón en particular, este complemento capacítache para selecionalos e insertalos no teu texto como nun chat.

Preme NVDA+I, ou dende o menú Preferencias -> Xestionar emoticóns -> Insertar emoticón, para abrir un diálogo cos emoticóns ou emojis proporcionados.

Este diálogo permíteche escoller un emoticón e ver os emoticóns que che interesen:

Cando premas Aceptar, os caracteres para o emoticón escollido copiaranse no teu portapapeis, listos para se pegar.

Persoalizar emoticóns

O complemento Emoticons permite ter diferentes diccionarios da fala usando perfís de configuración.

Esto significa que podes crear ou editar un diccionario da fala específico para cada perfil personalizado.

Dende o menú NVDA, Preferencias -> Xestionar emoticóns -> Persoalizar emoticóns, podes abrir un diálogo para engadir ou editar os emoticóns dispoñibles.

Gardando as túas persoalizacións, a nova lectura de configuración dos emoticóns só se aplicará ao perfil que estés a editar actualmente.

Por exemplo, poderás desexar que o NVDA falara emoticóns persoalizados só no programa XxChat, pero non noutros programas de chat: podes facer esto creando un perfil para a aplicación XxChat e asignar a el un diccionario da fala dende o menú Persoalizar Emoticóns. Consulta arriba para opcións de activación en relación cos perfís de configuración.

Tamén podes exportar cada diccionario personalizado da fala premendo o botón "Gardar e exportar diccionario": deste xeito o teu diccionario da fala gardarase no teu cartafol de configuración do usuario, subcartafol speechDicts/emoticons.

O nomme e localización exacta do ficheiro de diccionario basearáse no perfil de configuración en edición, que se amosará no título do diálogo de diccionario do Emoticons.

Opcións de activación

Dende o menú Preferencias -> Administrar Emoticóns -> opcions de Activación abre un diálogo para configurar a activación do teu diccionario da fala para cada perfil.

No diálogo configuración de activación podes escoller se o diccionario da fala deberíasse activar ou non automáticamente cando o NVDA cambia ao perfil que estás a editar actualmente. Por defecto está deshabilitado na configuración normal do NVDA e en todos os novos perfís.

Se desexases manter limpos os teus cartafois de configuración, neste diálogo é posible tamén escoller se os dicionarios non usados (asociados con perfís non existentes) borraranse do complemento cando se descargue.

Ordes de teclado:

Estas son as teclas de ordes dispoñibles por omisión, podes editalas ou engadir teclas novas para abrir o diálogo Opcións de Activación ou o diálogo Diccionario de Emoticóns:

Cambios para 6.0

Cambios para 5.0

Cambios para 4.0

Cambios para 3.0

Cambios para 2.0

Cambios para 1.1

Cambios para 1.0

[[!tag dev stable]]