Focus Highlight
Ó dibuxar un rectángulo coloreado, este complemento permite ós usuarios con
deficencia visual, educadores videntes, ou desenvolvedores seguir a posición
do navegador de obxectos do NVDA e o obxecto ou control enfocado.
As seguintes cores utilízanse por este complemento:
- Rectángulo fino verde de liñas punteadas para indicar o navegador de
obxectos.
- Rectángulo fino bermello amosa que NVDA está en modo exploración, e que
éste é o obxecto/control enfocado.
- Rectángulo groso bermello amosa que NVDA está en modo exploración, e que
éste é o obxecto/control enfocado.
- Rectángulo groso azul de liñas punteadas indica que NVDA está en modo
foco, p.ex., as pulsacións de teclas pásanse ao control.
Para deshabilitar o seguemento de obxectos, deshabilita ou desinstala o
complemento.
Cando a categoría Focus Highlight do diálogo de Opcións de NVDA está
dispoñible, pódense utilizar os seguintes elementos.
- Predeterminar modo foco: Esta caixa de verificación está habilitada por
defecto. Cando se desmarca, este complemento compórtase da mesma maneira
que na versión 5.6 ou anteriores, p.ex. se o modo exploración non está
dispoñible nunha app, o foco amósase utilizando o rectángulo vermello
groso.
-
Foco en modo foco, Foco en modo exploración, Obxecto no navegador: Cada un
destes grupos contén Cor, Grosor e Estilo.
- Cor: Esta caixa de edición permíteche escribir o código de cor HTML,
p.ex. número hexadecimal de seis caracteres. Por exemplo, "ffffff" é
branco, "ff0000" é vermello, e así. Ten en conta que "000000" non se
pode utilizar.
- Grosor: Esta caixa de edición permíteche escribir o grosor da
caixa. Podes introducir un valor entre 1 e 30.
- Estilo: As alternativas son Solid (Sólido), Dash (Guión), Dot (Punto),
Dash dot (Guión punto) e Dash dot-dot (Guión punto-punto).
-
Restaurar por defecto: Este botón permíteche restablecer os teus axustes
aos seus orixinais por defecto.
Cambios para 6.1
Cambios para 6.0
- Traduccións novas e actualizadas.
- Soluciona o problema
en relación co modo exploración.
- Dende esta versión, se o modo exploración do NVDA non está dispoñible para
unha aplicación, amósase sempre que NVDA está en modo foco para a
aplicación, en lugar de utilizar o rectángulo groso vermello.
- O grosor da liña que representa o modo foco reduciuse á metade.
Cambios para 5.6
- Traduccións novas e actualizadas.
- Arranxa o problema de compatibilidade coa compilación de desenvolvemento
de NVDA alpha-16682.
Cambios para 5.5
- Soluciona o problema con NVDA 2018.4 e os navegadores web Firefox/Chrome.
Cambios para 5.4
- Traduccións novas e actualizadas.
- Soluciona o problema
referente ás versións compatibles.
Cambios para 5.3
- Traduccións novas e actualizadas.
- Soluciona o problema
en relación co navegador Chrome e o modo de aplicación durminte.
Cambios para 5.2
- Traduccións novas e actualizadas.
Cambios para 5.1
- Eliminada a saída ó rexistro de depuración.
Cambios para 5.0
- Cambiáronse os indicadores para o navegador de obxectos e para o Modo
Foco.
- Admítense múltiples monitores.
- Agora usa a tecnoloxía GDI Plus para dibuxar.
Cambios para 4.0
- Agocha o rectángulo se a aplicación actual está en modo durminte.
Cambios para 3.0
- Arranxado un problema vencellado coa Caixa combinada expandida.
- Correxido un problema co xestor de tarefas de Windows.
- Capacidade para indicar modo foco.
Cambios para 2.1
- Traduccións novas e actualizadas.
Cambios para 2.0
- A axuda do complemento está dispoñible no Administrador de Complementos.
Cambios para 1.1
- Cambiado o rectángulo do navegador de obxectos por unha liña irregular.
- Correxido un problema con 'Recargar plugins'.
Cambios para 1.0
- No Internet Explorer 10 e no Skype en Windows 8, arránxase un problema co
navegador de obxectos.
- Versión inicial.
[[!tag dev stable]]
[[!tag dev stable]]