Audio Themes

Este complemento crea una pantalla de audio virtual que reproduce sons cando se enfoca ou se navegan obxectos (coma botóns, ligas etc...) o audio reproducirase nunha localización que corresponda á localización dos obxectos na pantalla visual.

O complemento tamén che capacita para activar, instalar, eliminar, editar, crear, e distribuir paquetes de temas de audio.

Uso

Este complemento capacítache para realizar tres tarefas distintas, incluindo administrar os teus temas de audio instalados, editar o tema de audio actualmente activo, e crear un tema de audio novo.

Podes aceder a estas funcións dende o menú do complemento que se atopa no menú principal do NVDA.

Administrando os teus Temas de Audio

  • O diálogo 'Administrar Temas de Audio' capacítache para activar ou desactivar temas de audio, ademáis de instalar e borrar temas de audio.
  • Neste diálogo hai algunhas opcións adicionais incluindo:
  • Reproducir sons en modo 3D: cando desmarques esta caixa o complemento reproducirá os sons en modo mono (sempre no centro da pantalla audio) independentemente da localización do obxecto.
  • Falar rol coma botón, Caixa de edición, liga etc.: cando desmarques esta caixa NVDA arrancará anunciando o rol cando se enfoquen obxectos en lugar de ignoralos (o que é o comportamento predeterminado cando se instala este complemento).
  • Utilizar Volumen do Sintetizador : marcando esta caixa configurará o reproductor de son deste complemento para usar o son da voz activa, co que toda a saída audible é a mesma que o volume da voz cada vez que cambies o volume.
  • Deslizador do Volume do Audio do Tema: alternativamente podes configurar o volume para o complemento usando este deslizador. Poñéndoo a 0 silenciarás todos os sons, e 100 é o volume máximo.

Editando o Tema de Audio Activo:

  • Cando fagas clic na opción 'Editar o tema de audio activo', abrirase un diálogo cunha listaxe contenndo todos os sons dentro do tema actualmente activo. Dende este diálogo podes:
  • Cambiar Selecionado: selecionando un son dende a listaxe e facendo clic neste botón, abrirás un diálogo estándar abrir ficheiro, seleciona un ficheiro ogg ou wave do teu sistema de ficheiros para reemplazar o son selecionado, e facendo clic en Aceptar compretas o proceso.
  • Borrar Selecionado: esto borrará o son selecionado do tema, fai clic en 'si' para confirmar o proceso de borrado, e o son selecionado borarase.
  • Engadir Son Novo: ao facer clic neste botón amosarase un diálogo novo. Dende a primeira Caixa combinada no nodo diálogo aberto seleciona o tipo de obxecto ao que queres asignar o son, por exemplo (botón, liga, pestana, menú e así), entón fai clic no botón 'Procurar un ficheiro de audio' para selecionar o son que queiras asignar para o tipo de obxecto selecionado anteriormente. Opcionalmente podes facer clic no botón previsualizar para previsualizar o son, e finalmente facendo clic no botón Aceptar aplicarás os cambios e asignarás o son selecionado ao obxecto selecionado.
  • Pechar: salirá do diálogo sen realizar ningunha acción.

Creando un Novo Tema de Audio

  • Se tes unha boa capacidade de producción de son podes aplicala aquí e crear un tema de audio da túa propiedade, en lugar de editar unha existente. Para facer esto podes seguir estos pasos. - Recolecta os teus ficheiros de audio nun lugar, deben estar en formato ogg ou wave, e renoméaos a algo que teña sentido para ti. Por exemplo cando eu estaba creando o teman de audio predeterminado para este complemento, e agrupei os sons de acordo a patróns de interacción, por exemplo, a caixa combinada, o botón despregable, e o botón de separación poden ter o mesmo son, mentras que a Caixa de verificación, o botón conmutable, e o elemento verificable de menú poden ter o mesmo son. - Dende o menú do complemento fai clic en 'Crear un tema de audio novo' - abirase un novo diálogo preguntándoche por algunha información acerca do teu tema de audio novo, incluindo: * O nome do tema: o nome do teu tema o que se amosará no administrador de temas de audio. Esto debe ser un nome de carpeta válido de windows. * O teu Nome: introduce o teu nome real ou un seudónimo. * Descripción de Tema: una descripción breve acerca do teu tema de audio. - Fai Clik en Aceptar para moverte ao seguinte paso. - No seguinte paso amosarase un diálogo similar 'Editor de Temas Audio', e o proceso é o mesmo que o proceso de edición, así que refírete á sección 'Editando el Tema de Audio Activo'.

Copyright:

Copyright (c) 2014-2016 Musharraf Omer e Outros

Aíndaque este complemento comezouse coma un proxecto independente, evolucionou dende ser una versión mellorada do complemento 'Unspoken' de Austin Hicks e Bryan Smart. A maioría do desenvolvemento deste complemento estivo creando as ferramentas para administrar, editar e crear os paquetes de temas de audio. Así que agradézolles moito pola creación de tal maravilloso complemento, e facelo dispoñible para que nós construiamos sobre o seu traballo.

Unha nota sobre Ficheiros de Terceiros:

O paquete de temas de audio Predeterminado neste complemento utiliza sons de varias fontes, esta é unha mención para eles: - Unspoken 3D Audio: Un complemento para NVDA - TWBlue: un cliente libre e de código aberto de twitter - Mushy TalkBack: unha alternativa de talkback con mellores sons.

Licenza

Licenciado baixo a GNU General Public License. Consulta o ficheiro copying para máis detalles.