BluetoothAudio
- Autor: Tony Malykh
- Descargar versión estable
BluetoothAudio é un complemento do NVDA que mellora a calidade de son ao utilizar auriculares ou altofalantes Bluetooth.
A maioría de dispositivos Bluetooth entran en modo de repouso tras uns segundos de inactividade. Isto implica que ao comezar NVDA a falar de novo, perderase unha pequena parte do son inicial. O complemento Bluetooth Audio evita que os dispositivos Bluetooth entren en modo repouso reproducindo constantemente un son silencioso, inaudible polo oído humano.
Advertencia: Usar o complemento Bluetooth Audio podería reducir a vida da batería do teu dispositivo Bluetooth.