TeleNVDA
- Autores: Asociación Comunidad Hispanohablante de NVDA e outros colaboradores. Traballo orixinal por Tyler Spivey e Christopher Toth
- Compatibilidade co NVDA: do 2019.3 en adiante
- Descargar versión estable
Nota: para facer máis doada a descarga a usuarios que necesitan asistencia ou formación e teñen conocementos limitados en informática, proporcionamos un ligazón alternativo á versión estable máis recente que é sinxela de lembrar e compartir. Podes ir a nvda.es/tele e descargar o complemento directamente, sen páxinas web intermedias.
Benvido ao complemento TeleNVDA, que che permitirá conectarte a outro equipo que execute o lector de pantalla gratuito NVDA. Podes conectarte ao equipo de outra persoa, ou permitir a unha persoa de confianza que se conecte ao teu sistema para realizar un mantemento rutinario, diagnosticar un problema ou ensinarte algo. Este complemento é unha versión modificada do complemento NVDARemote, e o seu mantemento está a cargo da comunidade hispanofalante do NVDA. É totalmente compatible co NVDA Remote. Estas son as diferencias actuais:
- Un xesto (non asignado por defecto) anuncia cantos computadores están conectados a unha sesión remota.
- Unha opción que permite bloquear as ordes remotas de voz que non sexan texto.
- Unha opción que permite amosar a mensaxe de benvida do servidor (tamén coñecida coma mensaxe do día) só na primeira conexión ou sempre que a mensaxe cambie, ignorando as preferencias do servidor.
- Unha opción para silenciar a voz remota cando se controla a máquina local e desactivala cando se controla a máquina remota.
- Soporte mellorado para servidores proxy e servizos agachados TOR (é necesario o complemento Soporte Proxy).
- Posibilidade de cambiar a tecla f11 por outro xesto. Agora funciona coma un script común, polo que podes asignar outros xestos no diálogo "Xestos de entrada".
- un xesto (sen asignar por defecto) para abrir as opcións do complemento
- Posibilidade para asignar un xesto á opción enviar ctrl+alt+supr no diálogo Xestos de Entrada. ¡Aviso! non deberías asighnar as teclas ctrl+alt+supr a esta opción. Se o fas, seguirá a funcionar normalmente, pero cada vez que premas ctrl+alt+supr para enviar ctrl+alt+supr á máquina remota, a túa propria máquina tamén se verá afectada pola función ctrl+alt+supr, polo que probablemente non é o que esteas a esperar!
- Posibilidade de ignorar compretamente o seguinte xesto inmediato, é útil se necesitas enviar á máquina remota o xesto usado para alternar entre o equipo local e a máquina remota.
- Posibilidade de intercambiar pequenos ficheiros (ate 10 MB) entre usuarios conectados á mesma sesión.
- Posibilidade de redirixir portos mediante UPNP.
- Posibilidade de usar un servizo de comprobación de portos persoalizado.
- Algúns retoques á interfaz gráfica.
- Varios arranxos de fallos.
Antes de comezar
É necesario ter instalado o NVDA en ambos equipos, e obter o complemento TeleNVDA.
A instalación do NVDA y do complemento non varía con respecto a outras. Se necesitas máis información, podes atopala na guía do usuario do NVDA.
Actualizacións
Cando actualices o complemento, se instalaches o TeleNVDA no escritorio seguro, é recomendable que o actualices tamén alí.
Para facelo, primeiro actualiza o complemento normalmente. Despois, abre o menú de NVDA, preferencias, Opcións Xerais, e preme o botón etiquetado coma "Usar opcións actualmente gardadas na autentificación (logon) e outras pantallas seguras (require privilexios de administrador)".
Comezar unha sesión remota a través dun servidor externo
No equipo controlado
- Abre o menú de NVDA, ferramentas, remoto, conectar. Ou preme directamente NVDA+alt+retroceso de páxina. Pódese modificar este xesto dende o diálogo Xestos de entrada do NVDA.
- Escolle cliente no primeiro grupo de botóns de opción.
- Escolle permitir que controlen este equipo no segundo grupo de botóns de opción.
- No campo equipo ou servidor, introduce o servidor ao que te vas a conectar, por exemplo remote.nvda.es. Cando o servidor use un porto distinto ao que este complemento usa por defecto, podes introducir o seu enderezo en formato <equipo>:<porto>, por exemplo remote.nvda.es:1234. Se te conectas a un enderezo IPV6, introdúcea entre corchetes. Por exemplo: [2603:1020:800:2::32].
- Introduce unha chave no campo contrasinal, ou preme o botón xerar contrasinal. A chave é o que outros usarán para controlar o teu equipo. O equipo controlado e todos os seus clientes deben usar a mesma chave.
- Preme aceptar. Feito esto, escoitarás un pitido e conectado. Se o servidor inclúe unha mensaxe de benvida, este amosarase nunha Caixa de diálogo. Verás este diálogo cada vez que te conectes ou só a primeira vez, dependendo da configuración do servidor.
No equipo dende o que se controla
- Abre o menú de NVDA, ferramentas, remoto, conectar. Ou preme directamente NVDA+alt+retroceso de páxina. Pódese modificar este xesto dende o diálogo Xestos de entrada do NVDA.
- Escolle cliente no primeiro grupo de botóns de opción.
- Seleciona controlar outro equipo no segundo grupo de botóns de opción.
- No campo equipo ou servidor, introduce o servidor ao que te vas a conectar, por exemplo remote.nvda.es. Cando o servidor use un porto distinto ao que este complemento usa por defecto, podes introducir o seu enderezo en formato <equipo>:<porto>, por exemplo remote.nvda.es:1234. Se te conectas a un enderezo IPV6, introdúcea entre corchetes. Por exemplo: [2603:1020:800:2::32].
- Introduce unha chave no campo contrasinal, ou preme o botón xerar contrasinal. O equipo controlado e todos os seus clientes deben usar a mesma chave.
- Preme aceptar. Feito esto, escoitarás un pitido e conectado. Se o servidor inclúe unha mensaxe de benvida, este amosarase nunha Caixa de diálogo. Verás este diálogo cada vez que te conectes ou só a primeira vez, dependendo da configuración do servidor.
Avisos de seguridade da conexión
Se te conectas a un servidor cun certificado SSL non válido, recibirás un aviso sobre a seguridade da conexión.
Esto pode significar que a túa conexión é insegura. Se confías na pegada do servidor, podes premer "Conectar" para conectarte unha vez, ou "Conectar e non voltar a preguntar para este servidor" para conectarte e gardar a pegada.
Conexións directas
A opción servidor no diálogo conectar permite estabrecer unha conexión directa.
Unha vez selecionada, escolle o modo en el que se comportará o teu equipo durante a conexión.
A outra persoa conectarase usando o contrario.
Unha vez selecionado o modo, podes usar o botón obter IP externa para obter o teu enderezo IP externo e asegurarte de que o porto que introduciches no campo porto está aberto correctamente. Se está activado no teu router, podes redirixir o porto usando UPNP antes de comprobar se o porto está aberto.
Se portcheck detecta que o teu porto (por defecto 6837) non está aberto, aparecerá unha advertencia.
Redirixe o teu porto e proba outra vez. Comproba tamén que se permite o proceso de NVDA no firewall de Windows.
Nota: o proceso de abrir portos, habilitar UPNP ou configurar o firewall de Windows está fora do propósito deste documento. Consulta a documentación que acompaña ao teu router para máis información.
Introduce unha chave no campo contrasinal, ou preme xerar. A outra persoa necesitará o teu IP externo xunto coa chave para conectar. Se introduciches un porto distinto ao que se usa por defecto (6837) no campo porto, asegúrate de que a outra persoa engade o porto alternativo ao enderezo do equipo usando o formato <ip externo>:<porto>.
Se queres redirixir o porto escollido usando UPNP, marca a Caixa "Usar UPNP para redirixir este porto se é posible".
Unha vez premas aceptar, estarás conectado. Cando a outra persoa se conecte, poderás usar TeleNVDA con normalidade.
Control sobre o equipo remoto
Unha vez a sesión está conectada, o usuario do equipo controlador pode premer f11 para comezar a controlar o equipo remoto (por exemplo, enviando pulsacións de teclado ou entrada Braille). Este xesto pódese cambiar dende o diálogo Xestos de entrada de NVDA.
Cando NVDA diga controlando equipo remoto, as teclas que premas no teu teclado ou pantalla braille irán ao equipo remoto. Aínda máis, se o equipo controlador dispón dunha pantalla braille, a información remota amosarase nela. Preme f11 de novo para deter o envío de pulsacións e voltar ao equipo controlador.
Para maior compatibilidade, asegúrate de que as distribucións de teclado de ambos equipos coinciden.
Compartir a túa sesión
Para compartir un ligazón que permita a alguén máis unirse doadamente a túa sesión de TeleNVDA, seleciona Copiar ligazón no menú remoto. Tamén se poden asignar xestos dende o diálogo Xestos de entrada para acelerar esta tarefa.
Podes escoller entre dous formatos de ligazón. O primeiro é compatible tanto co NVDA Remote coma co TeleNVDA, e é o máis recomendado polo de agora. O segundo é compatible só co TeleNVDA.
Se estás conectado como controlador, este ligazón permitirá a calquera conectarse e seren controlado.
Se pola contra confiburaches o teu equipo para ser controlado, o ligazón permitirá á xente coa que o compartas controlalo.
Moitas aplicacións permiten aos usuarios activar este ligazón automáticamente, pero se non se abre dende unha aplicación específica, podes copialo e abrilo dende o diálogo executar.
Ten en conta que o ligazón compartido pode non funcionar se o copias dende un servidor que funciona en modo de conexión directa.
Enviar ctrl+alt+supr
Aíndaque o envío de teclas estea activado, a combinación ctrl+alt+supr non se pode enviar coma o resto.
Se necesitas enviar CTRL+Alt+supr, e o sistema remoto está no escritorio seguro, us esta orde. Tamén podes asignar un xesto a esta orde no cadro de diálogo Xestos de entrada.
Enviar tecla de alternar entre equipo local e equipo remoto
Normalmente cando premes o xesto asignado para cambiar entre o equipo local e o remoto, este non se enviará ao equipo controlado se non que alternará entre a máquina local e o equipo remoto.
Se necesitas enviar este ou calquera xesto á máquina remota, podes omitir este comportamento para o seguinte xesto inmediato activando o escript ignorar o seguinte xesto.
Por defecto, este script está asignado á tecla control + f11. Este xesto pódese cambiar desde o diálogo Xestos de entrada de NVDA.
Ao chamar a este script, ignorarase o seguinte xesto e enviarase á máquina remota, incluido o xesto para activar o script ignorar o seguinte xesto. Unha vez enviado o seguinte xesto, voltará ao comportamento habitual.
Control remoto dun equipo desatendido
Ás veces podes querer controlar un dos teus proprios equipos remotamente. Esto é especialmente útil se te atopas viaxando, e queres controlar o pc de casa dende o portátil, ou controlar un equipo nunha habitación da túa casa mentres estás fora con outro pc. Cunha preparación un pouco avanzada esto faise posible.
- Entra no menú de NVDA, escolle Ferramentas e seguido remoto. Finalmente, preme intro en opcións.
- Marca a Caixa que di "Conectar automáticamente ao servidor de control ao comezar".
- Escolle usar un servidor de control remoto ou aloxar a conexión localmente. Se decides aloxar a conexión, podes tentar redirixir os portos con UPNP marcando a Caixa proporcionada.
- Escolle permitir que controlen este equipo no segundo grupo de botóns de opción.
- Se creas o teu proprio servidor, terás que asegurarte de que o porto introducido no campo porto (por defecto 6837) está aberto no equipo controlado e os equipos controladores poden conectarse a el.
- Se queres usar un servidor de control remoto, rechea os campos equipo ou servidor e contrasinal, preme tabulador ate aceptar, e preme intro. Ten en conta que a opción xerar contrasinal non se atopa dispoñible nesta situación. É mellor escrebir unha chave que se poda lembrar para que podas usala doadamente dende calquera sitio remoto.
Para un uso avanzado, podes tamén configurar o TeleNVDA para que se conecte a un servidor local ou remoto en modo controlador. Se queres esto, seleciona controlar outro equipo no segundo grupo de botóns de opción.
Nota: as opcións relacionadas con conectar automáticamente ao comezar no diálogo de opcións non teñen efecto ate que se reinicia o NVDA.
Silenciar a voz do equipo remoto
Se non desexas escoitar a voz do computador remoto ou sons específicos do NVDA, soamente accede ao menú NVDA, Ferramentas e Remoto. Desprázate cara abaixo ate Silenciar Remoto e preme Intro. Podes asignar un xesto a esta opción dende o diálogo Xestos de Entrada de NVDA. Ten en conta que esta opción non desactivará a saída braille remota á pantalla controladora cando a máquina controladora estea enviando teclas.
Podes silenciar permanentemente a voz remota mentres traballas na túa máquina local activando esa opción dende a categoría TeleNVDA no diálogo de Opcións do NVDA.
Rematar unha sesión remota
Para rematar unha sesión remota, Fai o seguinte:
- No equipo controlador, preme f11 para deixar de controlar o equipo remoto. Deberías escoitar ou ler a mensaxe: "Controlando equipo local". Se en vez deso oes ou lees unha mensaxe dicindo que estás controlando o equipo remoto, preme f11 novamente.
- Acede ao menú de NVDA, ferramentas, remoto, e preme intro en desconectar.
Alternativamente, podes premer NVDA+alt+avance de páxina para desconectar a sesión directamente. Este xesto pódese cambiar dende o diálogo Xestos de entrada do NVDA. Para manter a salvo á outra persoa, podes premer este xesto mentres envías teclas para desconectar o equipo remoto.
Enviar portapapeis
A opción enviar portapapeis no menú remoto permíteche enviar texto dende o teu portapapeis.
Cando estea activada, calquera texto no portapapeis enviarase aos outros equipos.
Enviar arquivos
A opción Enviar arquivo no menú remoto permite enviar pequenos arquivos a todos os membros da sesión, incluíndo o equipo controlado. Ten en conta que só podes enviar arquivos menores de 10 MB. Non se permite enviar ou recibir arquivos en pantallas seguras.
Ten en conta tamén que enviar arquivos pode consumir demasiado tráfico de rede no servidor, dependendo do tamaño do arquivo, os computadores conectados á mesma sesión e a cantidade de arquivos enviados. Contacta co administrador do teu servidor e pregúntalle se se factura o tráfico. En tal caso, prantéxate outra plataforma para intercambiar arquivos.
Cando o arquivo se reciba nos equipos remotos, aparecerá una Caixa de diálogo Gardar como, o que che permitirá escoller ónde gardalo.
Configurar TeleNVDA para que funcione no escritorio seguro
Para que o TeleNVDA funcione no escritorio seguro, o complemento debe estar instalado no NVDA que se executa no escritorio seguro.
- No menú de NVDA, seleciona preferencias, e de seguido opcións xerais.
- Preme tab ate o botón Usar opcións actualmente gardadas na autentificación (logon) e outras pantallas seguras (require privilexios de administrador), e preme Intro.
- Resposta si ás advertencias sobre copiar a configuración e os complementos, e resposta á advertencia do control de contas de usuario que debería aparecer.
- Cando a configuración secopiara , preme intro para aceptar a confirmación. Preme tabulador ate aceptar e preme intro de novo para saíir do diálogo.
Unha vez que o TeleNVDA estea instalado no escritorio seguro, se te controlan nunha sesión remota, o escritorio seguro terá soporte de voz e braille cando se entre nel.
Borrado das pegadas dos certificados SSL
Se xa non queres confiar nas pegadas d servidores nas que confiaches, podes borrar todas as pegadas de confianza premendo o botón "borrar todas as pegadas de confianza" dende o diálogo de opcións.
Uso dun servizo persoalizado de comprobación de portos
Por defecto, o TeleNVDA comproba os portos abertos usando un servizo proporcionado pola comunidade de NVDA en español. Podes cambiar a URL do servizo dende o diálogo de opcións. Asegúrate de que o porto a comprobar é parte da URL persoalizada e os resultados devólvense no formato esperado. Distribúese un script de mostra para a comprobación de portos no repositorio do TeleNVDA, polo que podes aloxar a túa propria copia se o desexas.
Alteración do TeleNVDA
Este proxecto atópase cuberto pola licenza pública xeral GNU, versión 2 ou posterior. Podes clonar este repositorio para facer alteracións ao TeleNVDA, sempre que leas, entendas e respetes os termos desta licenza. O módulo MiniUPNP está cuberto por unha licenza BSD de 3 cláusulas.
Dependencias de terceiros
Pódense instalar con Pip:
- Markdown
- scons
Para compilar o executable manexador de URLs, é necesario dispor de Visual Studio 2019 ou posterior.
Para empaquetar o complemento para a súa distribución:
- Abre unha liña de ordes e cambia á raíz de este repositorio
- Executa a orde scons. O complemento creado, se non houbo erros, atópase no cartafol actual.