Weather Plus
- Autor: Adriano Barbieri
- Compatibilidade con NVDA: 2017.3 en diante
ACERCA DE WEATHER PLUS:
- Este complemento engade a temperatura local e o pronóstico do tempo actual a 24 horas e ata 2 días adicionais e a previsión por horas para NVDA.
- Copyright (C) Adriano Barbieri
- Liberado baixo a licenza GNU GPL (General Public License) v2
- Weather Plus funciona a través da presenza e funcionamento dos seguintes servizos:
- https://www.weatherapi.com/
- http://www.geonames.org/
- https://api.open-meteo.com/v1/elevation/
- https://www.nvda.it/
USO:
- Preme NVDA+w para obter a información sobre temperatura e condicións climáticas.
- Preme NVDA+shift+W para obter a predición a 24 horas e ata 2 días.
- Preme NVDA+shift+W dúas veces para obter a previsión por horas da temperatura e condicións atmosféricas.
- Preme NVDA+ shift+ control+w para establecer unha cidade temporal.
- Premae NVDA+shift+control+alt+w para abrir o diálogo de configuración do Weather Plus.
- Preme NVDA+alt+w para obter a data e hora, na que se actualizou a información do tempo.
- Preme control+shift+w para alternar entre as escalas de temperatura Fahrenheit, Celsius e Kelvin.
Primeira configuración de Weather Plus:
- Debes configurar o complemento Weather Plus antes do seu primeiro uso! Vai ao submenú Preferencias, submenú Opcións de Weather Plus e escolle unha das opcións seguintes:
- Establecer e administrar as súas cidades... - Mostra ou permite establecer as cidades actuais dende unha lista
- configurar unha cidade temporal... - Amosa e permite establecer unha cidade temporal dende unha lista se está dispoñible.
- Documentación - Abre o arquivo de axuda para a lingua actual.
- Verificar actualizacións... - Notifica se hai unha versión actualizada dispoñible.
Para engadir unha nova cidade: preme o elemento seguinte:
- Establecer e administrar as súas cidades... - Mostra ou permite establecer a cidade actual dende unha lista.
- A seguinte mensaxe só se amosa a primeira vez! Preaxuste Ningún f1: axuda, f2: selección da última lapela, f3: lista e caixa de edición, f4: controlar duración do pronóstico meteorolóxico, f5: controis de volume.
- Na caixa de edición, introduce unha cidade ou selecciona unha da lista, se está dispoñible. Nota: A tecla F5 está dispoñible se os efectos de son están activados.
- Despois de premer enter sobre o elemento "Establecer e administrar as súas cidades...", acharás a continuación outros botóns como segue:
- Probar - proba a validez da cidade e busca os seus datos.
- Engadir - engade a cidade actual á túa lista. Este botón pódese activar se seleccionas unha cidade dende a lista, e ésta pasou a comprobación.
- Detalles - amosa información sobre a cidade actual. Este botón pódese activar se seleccionas unha cidade dende a lista, e esta pasou a comprobación.
- Definir - Permíteche definir a área, para adaptar os efectos de son. Este botón pódese activar se os efectos de audio están instalados e activos, e se seleccionas unha cidade da lista.
- Prestablecer - Configura unha cidade como predeterminada, que será usada cada vez que reinicies esta extensión. Este botón está activado se seleccionas unha cidade previamente insertada na lista e non preseleccionada, ou se pasou a proba.
- Eliminar - Elimina a cidade actual da túa lista. Este botón pódese activar se seleccionas unha cidade previamente insertada na lista.
- Renomear - Renomear a cidade actual. Este botón pódese activar se seleccionou unha cidade previamente insertada na lista.
- Importar cidades... - Este botón permite a incorporación á túa lista de novas cidades importándoas dende un arquivo con extensión *.zipcodes; podes seleccionar a cidade que desexas importar, activando a caixa de verificación asociada coa mesma.
- Exportar as súas cidades... - Permíteche garcar as cidades no arquivo especificado coa extensión *.zipcodes. Este botón está activo se engadiu e gardou alomenos unha cidade á lista.
- Hourly forecast setting... - This button allows you to choose the contents of the hourly forecast report.
- Escala de temperatura: Utiliza o botón de opción para seleccionar entre Celsius (por defecto), Fahrenheit e Kelvin.
- Graos mostrados coma: Utiliza o botón de opción para seleccionar entre:
Celsius
-
Fahrenheit-
Kelvin (por defecto) C-
F-
K ou sen especificar. - Caixa combinada: Previsión meteorolóxica ata días: 1; Podes escoller de 1 a 3 (1 días por defecto)
- Caixa combinada: idioma de resposta da API: inglés, en; podes escoller o idioma do texto coas condicións do tempo.
- Para realizar as seguintes accións, modifique as seguintes caixas de verificación:
- Copia o reporte do clima e o pronóstico do tempo, incluíndo os detalles da cidade ao portapapeis; caixa de verificación non marcada (por defecto)
- Habilitar Efectos de son (só para as condicións actuais do clima); Esta caixa de verificación tamén che permite xestionar a instalación dos efectos de son; Se os efectos de son están instalados e a caixa de verificación activada, dispoñibilizaranse a tecla f5 e o control de volume.
- Tamén estará dispoñible unha caixa de verificación adicional: Utilizar só efectos do tempo.
- Pode cambiar o volume xeral ou o do último son escoitado e filtrar outros sons no seu entorno. A caixa de verificación non está marcada por defecto.
- Utilizar só efectos do tempo; Esta opción está dispoñible se os efectos de son están habilitados; Se se habilita, permite escoitar só efectos de tempo como choiva, vento, raio, etc., filtrando todos os ambientais. (desmarcada por defecto)
- Habilitar a lectura das horas en formato de 24 horas. - Se non está marcado, anuncia en formato de 12h, por exemplo, 12AM/12PM. A caixa de verificación está marcada (por defecto)
- Habilitar botóns de axuda na ventá de configuración; caixa de verificación marcada (por defecto)
- Ler informacion do vento; caixa de verificación non marcada (por defecto). Se esta caixa de verificación está activada, tamén poderás activar as seguintes:
- Engadir dirección do vento; Indica de onde provén o vento. Caixa de verificación marcada (por defecto)
- Engadir velocidad do vento; indicates engade a velocidade do vento en quilómetros ou millas por hora. Caixa de verificación marcada (por defecto)
- Engadir velocidade do vento en metros por segundo; caixa de verificación marcada (por defecto)
- Engadir velocidade da racha de vento; caixa de verificación marcada (por defecto)
- Engadir sensación térmica; caixa de verificación verificada (por defecto)
- Ler información atmosférica; caixa de verificación non marcada (por defecto). Se está habilitada, tamén podes marcar as seguintes caixas de verificación:
- Engadir valor da humidade; Indica a humidade en por cento. Caixa de verificación marcada (por defecto)
- Engadir valor de visibilidade; Indicar en quilómetros ou millas a distancia visible. Caixa de verificación marcada (por defecto).
- Engadir valor de presión atmosférica; indica o valor da presión atmosférica en milibares ou polgadas de mercurio. Se está marcada, habilita unha caixa de verificación adicional que permite indicar a presión en milímetros de mercurio. Caixa de verificación marcada (por defecto)
- Engadir valor de nubosidade; caixa de verificación marcada (por defecto)
- Engadir valor de precipitación; caixa de verificación marcada (por defecto)
- Engadir valor de radiación ultravioleta; caixa de verificación marcada (por defecto)
- Ler información astronómica; indica as horas de saída e posta do sol e da lúa. Caixa de verificación non marcada (por defecto)
- Usar a coma como separador de decimais; Se está habilitado, utiliza a coma coma separador decimal, doutro xeito utilízase o punto. Caixa de verificación non marcada (por defecto).
- Verificar actualizacións; Se está activa, notifica cando estea dispoñible unha actualización para o complemento. Caixa de verificación marcada (por defecto)
- Prema o botón de Aceptar para confirmar a acción, Cancelar para cancelala.
- Se modificaches a lista de cidades, premendo "Cancelar" serás advertido e aínda poderás gardala:
- "Weather.ini": configuración de inicio do Weather Plus.
- "Weather.volumes": niveis de volume de audio personalizado, calqueira que sexa o volume xeral do sistema.
- "Weather.zipcodes": lista de cidades cos seus códigos postais e definicións.
- "Weather.default": A túa cidade por defecto.
- "Weather_searchkey": tecla de busca gardada.