Documentación de complementos

Información

  • Authors: Rui Fontes, Ângelo Abrantes, Zougane, Remy, Abdel and colaboration of James Scholes
  • Actualizado o 21/03/2022
  • Descargar versión estable
  • compatibilidade: NVDA 2017.2 en diante

Presentación

Este complemento proporciona un método rápido para acceder á documentación dos complementos que tes instalados. Crea, no menú Axuda de NVDA, dous submenús. Un, chamado "Documentación de complementos en execución", agrupa a documentación para cada complemento e subministra unha listaxe de atallos para todos os complementos en execución, cunha táboa para cada complemento. O outro submenú, chamado "Documentación de complementos deshabilitados", lista os complementos deshabilitados, dando acceso á súa documentación. Por favor, lembra que os complementos de controladores de sintetizadores e braille non aparecerán en ningunha das categorías de enriba. Ten en conta que tamén podes acceder á documentación dos complementos a través do Administrador de complementos no menú NVDA, Ferramentas. Alí tamén tes a información sobre o estado dun complemento. Lembra tamén que podes acceder aos atallos do NVDA e os complementos no diálogo Xestos de entrada. Porén, neste diálogo os atallos de complementos non están agrupados e non podes encontrar un atallo que conteña "xanelas", por exemplo.

Cambios

Versión 2022.03

  • Adaptación a NVDA 2022.1

Versión 21.05

  • Adaptación a NVDA 2021.1

Versión 2.1

  • Adaptación a NVDA 2019.3

Versión 2.0

  • Agora, o complemento crea dous menús no menú Axuda de NVDA.
  • O menú "documentación de complementos en execución" ten unha opción máis para amosar a "Listaxe de atallos de complementos en execución", que contén os atallos de cada complemento nunha táboa.
  • O menú "documentación de complementos deshabilitados" só agrupa ós complementos deshabilitados con arquivos de documentación.
  • Ten en conta que os complementos de controladores de sintetizadores e braille nunca se listan nos menús de enriba.
  • Os complementos represéntanse polo seu resumo e non polo seu nome.
  • Algunhas melloras no código.

Versión 1.2

  • Arranxadas pequenas incidencias;
  • Arranxada a importación do nome do submenú dende o resumo do complemento;
  • Forzar documentación a abrirse no navegador predeterminado, nunha nova xanela se é posible.

Versión 1.1

  • Compatibilidade con Python 3;
  • Novo método para engadir submenús;
  • Cambiado o nome dos elementos de menú ao resumo do complemento, para ter os nomes dos menús na lingua da interface, cando sexa posible.

Versión 1.0

  • Versión inicial de Zougane, Rémy e Abdel actualizada para que sexa compatible con NVDA 2019.1.