Application Dictionary

Informacións

  • Autores: Rui Fontes and Ricardo M. Leonarczyk coa colaboración de Cyrille Bougot
  • Versión: 2022.03.26
  • Descargar versión estable
  • Compatibilidade : NVDA 2019.3 en diante

Uso

Este simple complemento fai posible a creación de dicionarios específicos por aplicación para NVDA. Para utilizar o complemento, simplemente vai á aplicación para a que queres un dicionario, e preme NVDA+control+shift+d. Abrirase o diálogo normal de dicionario de NVDA para que engadas entradas válidas unicamente para a aplicación activa (o nome da aplicación debería aparecer no título do diálogo). A tecla de atallo do complemento pódese modificar a través do diálogo de xestos de entrada de NVDA: baixo o elemento configuración, expande o elemento que di "Shows the application-specific dictionary dialog" (Amosa o diálogo de dicionario específico por aplicación).

Orde

NVDA+Control+Shift+d

Actualización automática

Este complemento inclúe unha característica de actualización automática. A comprobación de nova versión executarase cada vez que NVDA se cargue. Se queres isto, vai a NVDA, Preferencias, Opcións e na categoría do complemento marca a caixa de verificación.