Blind Extra

  • Autor: Ahmed Star

Este complemento demanda permitir o aceso a certo software extra.

En Novembro do 2016, este complemento marcouse cun troyano de aceso remoto (acede remotamente a outro computador e dana ficheiros sen que os usuarios o sepan) por membros da comunidade de complementos do NVDA polas seguintes razóns:

  • Renomea ficheiros tras utilizalo por un tempo sen que os usuarios o noten.
  • Acede remotamente, incluindo o envío de mensaxes de Skype.

Nota: este complemento nunca se publicou no sitio web de complementos da comunidade.

A comunidade de complementos urxe aos usuarios do NVDA a desinstalar este complemento e a executar programas antivirus, así como a formatear o disco se hai información sensible neste coputador. A comunidade de complementos tamén desexaría lembrar aos usuarios que sexan cuidadosos ao instalar complementos de fontes non confiables, xa que os complementos do NVDA poden facer varias cousas, coma o aceso aos ficheiros do sistema e a Internet. Os complementos do NVDA son potentes pezas de software que poden facer cousas increíbles, pero deben tratarse con cuidado. Os complementos que non proveñan deste sitio non se revisan pola comunidade de complementos. Grazas.