Check Input Gestures

  • Autor: Oleksandr Gryshchenko
  • Versión: 1.0
  • compatibilidade co NVDA: 2019.3 en diante
  • Descargar versión estable

Atopa e arranxa conflitos de xestos de entrada en NVDA e complementos. O termo xeral "xestos de entrada" inclúe atallos de teclas, ordes introducidas dende un teclado braille xestos de pantallas táctiles.

Cada un dos complementos instalados pode facer cambios á configuración do NVDA engadindo ou reasignando xestos de entrada existentes. Se os mesmos xestos de entrada están asociados a varias funcións, será imposible chamar a algunhas destas.

Buscar xestos duplicados

Para detectar xestos duplicados, chama ó menú de NVDA, vai ó submenú "Ferramentas", logo - "Check Input Gestures" e activa o elemento de menú "Search for duplicate gestures..." (buscar xestos duplicados).

A continuación, comprobaranse todos os xestos de entrada utilizados en NVDA na seguinte orde:

  1. globalCommands;
  2. globalPlugins (complementos).

Se se detectasen os mesmos xestos de entrada asignados a funcións diferentes, amosarase a súa lista nun cadro de diálogo separado.

Tras premer a tecla Intro no elemento de lista seleccionado, a función correspondente de NVDA seleccionarase e abrirase no diálogo estándar de "Xestos de entrada...", onde poderás eliminar ou reasignar o xestos seleccionado.

Nota: Como sabes, características que non teñen unha descrición textual non aparecen no diálogo "Xestos de entrada...". En consecuencia, tras activar un elemento dese tipo, amosarase a advertencia correspondente.

Xestos sen descrición

Para ver a lista de xestos asociados a funcións sen unha descrición textual, se hai algún na túa configuración de NVDA, precisas chamar ó menú de NVDA, ir ó submenú "Ferramentas", logo - "Gestures without descriptión" (Xestos sen descrición).

Tales características non aparecen no diálogo estándar "Xestos de entrada..." de NVDA, de xeito que non é posible eliminar ou reasignar os xestos asociados.

Axuda

Unha maneira de ver esta páxina de axuda é chamando ó menú de NVDA, indo ó submenú "Ferramentas", logo - "Check Input Gestures", e activando "Help" (Axuda).

Nota: Todas as características do complemento se atopan no diálogo "Xestos de entrada" de NVDA e podes asignar o teu propio atallo de teclado a cada unha delas.

contribucións

Estamos moi agradecidos a todos os que fixeron o esforzo para desenvolver, traducir e manter este complemento:

  • Wafiqtaher - Tradución ó árabe;
  • Angelo Miguel Abrantes - Tradución ó portugués;
  • Cagri Dogan - Tradución ó turco.

Rexistro de trocos

Versión 1.0

  • implementada busca de xestos de entrada duplicados;
  • implementada a busca de xestos de entrada asociados a funcións sen unha descrición textual.

Alteración do código fonte do complemento

Podes clonar este repo para facer alteracións ó Check Input Gestures de NVDA.

Dependencias de terceiros

Pódense instalar con pip:

  • markdown
  • scons
  • python-gettext

Para empaquetar o complemento para distribución

  1. Abre unha liña de ordes, cambia á raíz deste repo
  2. Executa a orde scons. O complemento creado, se non houbo erros, atópase no directorio actual.