Clip Contents Designer

  • Autores: Noelia, Abdel.

Este complemento úsase para engadir texto ó portapapeis, que pode ser útil cando queras unir seccións de texto listas para pegarse xuntas. O contido do portapapeis tamén pode limparse e amosarse en modo exploración.

Ordes de teclado

  • NVDA+windows+c: engade o texto seleccionado, os caracteres braille Unicode que representan obxectos MathML, ou a cadea que se marcou co cursor de revisión, ao portapapeis.
  • NVDA+windows+x: Limpa o contido do portapapeis.
  • Sen asignar: Copia a (ou corta dende) o portapapeis, coa posibilidade de que se che pregunte por unha confirmación previa.
  • Sen asignar: amosa o texto do portapapeis como HTML en modo exploración, ou anuncia se o portapapeis está vacío ou ten contido que non se pode amosar nunha mensaxe navegable, se se están a copiar arquivos ou carpetas do Explorador de Windows, por exemplo.
  • Sen asignar: Amosa os contidos textuais do portapapeis como texto plano en modo exploración, ou anuncia se o portapapeis está vacío ou ten contido que non se pode amosar nunha mensaxe navegable, se se están a copiar arquivos ou carpetas do Explorador de Windows, por exemplo.

Opcións de Clip Contents Designer

Este panel está dispoñible dende o menú de NVDA, submenú Preferencias, diálogo Opcións.

Contén os seguintes controis:

  • Escribe a cadea de texto que se utilizará como separador entre contido engadido ao portapapeis: Permite establecer un separador que se pode utilizar para buscar os segmentos de texto unha vez se pegue todo o texto engadido.
  • Engadir texto tralos datos do portapapeis: Tamén é posible escoller se o texto engadido se engadirá ó final ou ó principio.
  • Seleccionar as accións que requiren confirmación previa: Podes escoller, para cada acción dispoñible, se se debe realizar inmediatamente ou previa confirmación. As accións dispoñibles son: engadir texto, limpar portapapeis, emular copiar e emular curtar.
  • Pedir confirmación antes das accións seleccionadas cando: Podes seleccionar se as confirmacións se solicitarán sempre, só se o portapapeis contén texto, ou se o portapapeis non está baleiro (por exemplo se copiaches un arquivo, non texto).
  • Formato no que amosar o texto do portapapeis como HTML en modo exploración: Se estás aprendendo a linguaxe de marcas HTML, podes escoller Texto Preformateado en HTML ou HTML como se amosaría nun navegador web, para ter unha idea de cómo o teu código HTML se tratará dende NVDA nun navegador. A diferencia entre HTML preformateado e convencional é que a primeira opción preservará os espazos e saltos de liña consecutivos, e o segundo compactaraos. Por exemplo, escribe algunhas etiquetas HTML como h1, h2, li, pre, etc., selecciona e copia o texto ao portapapeis, e utiliza o complemento ClipContentsDesigner para amosar o texto nunha mensaxe navegable.
  • Número máximo de caracteres ao amosar texto do portapapeis en modo exploración: Por favor, ten en conta que incrementar este límite podería producir problemas se o portapapeis contén largas cadeas de texto. O límite por defecto é de 100000 caracteres.
  • Restore defaults.

Notas:

  • Non se solicitarán confirmacións cando estea aberta unha Caixa de mensaxe do NVDA. Neses casos, as accións realizaranse inmediatamente.
  • Emulate copy and emulate cut commands mean that, when these features are enabled, the add-on will take control of control+c and control+x. This will allow to select if a confirmation should be requested before performing the actions corresponding to these keystrokes.

Changes for 22.0.0

  • Added a button to restore defaults in the add-on settings panel.
  • The add-on cannot be run in secure mode.

Cambios para 17.0

  • Compatible con NVDA 2023.1.

Cambios para 16.0

  • Require NVDA 2022.1 ou posterior.

Cambios para 15.0

  • A orde para engadir texto ó portapapeis aparece de novo no diálogo xestos de entrada.
  • Arranxadas as ordes para copiar e cortar en teclado persa, grazas a Mohammadhosein Ghezelsofla.

Cambios para 14.0

  • Compatible con NVDA 2021.1.

Cambios para 13.0

  • Arranxado un problema no deseño visual do panel de opcións, grazas a Cyrille Bougot.
  • Mellorada a documentación.
  • Engadida unha categoría Clip contents Designer para asignar xestos de entrada a tódolas ordes dispoñibles neste complemento.
  • Arranxados erros ao usar emular copiar en en navegadores cando o modo foco estaba activo.
  • Podes asignar diferentes xestos para amosar o contido textual do portapapeis como texto plano ou formateado en HTML. O Formato no que amosar o texto do portapapeis no panel de opcións modificouse en consecuencia, para seleccionar as dúas opcións dispoñibles para o formato HTML.

Cambios para 12.0

  • Arranxados erros ao usar emular copiar en aplicacións como LIbreOffice Writer.

Cambios para 11.0

  • Agora é posible engadir texto marcado co cursor de revisión utilizando ordes estándar do NVDA (NVDA+F9 e NVDA+F10). NVDA+Windows+F9 xa non se usa, para unha mellor integración co novo atallo NVDA+Shift+F9.
  • Require NVDA 2019.3 ou posterior.

Cambios para 10.0

  • Arranxado un erro no diálogo utilizado para mostrar o texto do portapapeis cando o seu título contiña caracteres non latinos.
  • Arranxado un erro ao utilizar as funcións emular curtar e copiar cunha distribución de teclado árabe. Isto foi solucionado por Abdel, engadido como un autor do complemento.

Cambios para 9.0

  • Engadida a posibilidade de amosar o texto do portapapeis en modo exploración.
  • Engadida unha opción para elixir se se requerirán confirmacións se o portapapeis non está vacío; por xemplo, se se están a copiar arquivos ou cartafoles.
  • Requírese do NVDA 2018.4 ou posterior.

Cambios para 8.0

  • A configuración do complemento amósase na categoría correspondente do diálogo Opcións do NVDA.
  • Requírese do NVDA 2018.2 ou posterior.
  • Se fora necesario, podes descargar a derradeira versión compatible co NVDA 2017.3.

Cambios para 7.0

  • No diálogo para configurar as funcionalidades de Emular copiar e Emular curtar na instalación, se elixes non, os comandos para estas características eliminaranse, de xeito que poidas restaurar o comportamento normal das teclas ctrl+c e ctrl+x.

Cambios para 6.0

  • Added options to choose if available actions should be performed after confirmation.
  • Added Emulate copy and Emulate cut commands, which could be assigned from the Input gestures dialog.
  • Added a dialog to configure the Emulate copy and Emulate cut functionalities at installation. This allows to add the control+c and control+x commands to copy and cut, and be asked if you want to replace the clipboard contents when pressing these keystrokes.
  • Fixed documentation for script_add (Windows+NVDA+c).

Cambios para 5.0

  • A presentación visual do diálogo mellorouse, engadíndose á aparenza dos diálogos amosados no NVDA.
  • Requírese do NVDA 2016.4 ou posterior.

Cambios para 4.0

  • As opción do complemento adminístranse dende a configuración do NVDA, así que os perfís estándar pódense usar para gardar diferentes separadores, e non é necesario copiar as opcións para importalas na reinstalación.
  • Agora é posible escoller se o texto engadido se anexará ou se anteporá, usando a casilla de verificación Engadir texto antes de clip data dende o diálogo Opcións do Clip Contents Designer.

Cambios para 3.0

  • Pódese engadir a representación braille de obxectos MathML ó portapapeis se MathPlayer está instalado.
  • Se non se puxo un separador, porase una soa liña entre os segmentos de texto engadido.
  • Pódese asignar un atallo de teclado para abrir o diálogo de opcións do Clip Contents Designer .
  • Engadida unha caixa de verificación no diálogo de opcións, para escoller se o separador se debería copiar para seren importado cando se reinstale o complemento.

Cambios para 2.0

  • Pódense usar caracteres Hindi como o separador entre contidos engadidos.

Cambios para 1.0

  • Versión inicial.