Clipspeak

Informacións

  • Authors: "Rui Fontes, Ângelo Abrantes, Abel Passos Júnior and colaboration of Noelia Ruiz Martínez, based on the work of Damien Sykes-Lindley
  • Actualizado o 10/04/2022
  • Descargar versión estable
  • Compatibilidade : NVDA versión 2019.3 en diante

Presentación

Clipspeak é un complemento que permite que NVDA anuncie as operacións do portapapeis (como son curtar, copiar e pegar) xunto con outras operacións comúns de edición como son desfacer e refacer.

Co fin de previr anuncios en situacións inapropiadas, Clipspeak realiza comprobacións no control e no portapapeis para tomar unha decisión informada sobre se o anuncio é necesario.

Podes escoller entre só anunciar copiar/curtar/pegar ou tamén que se está a copiar/curtar/pegar en NVDA, opcións, clipspeak.

Por defecto, os os xestos de Clipspeak mapéanse a aqueles comunmente utilizados en versións inglesas do Windows:

  • CTRL+Z: desfacer
  • CTRL+Y: refacer
  • CTRL+X: cortar
  • CTRL+C: copiar
  • CTRL+V: pegar

Se estos non son os atallos de teclado comúnmente usados para estas tarefas na túa versión de Windows, necesitarás reasignar os xestos na configuración de xestos de Entrada baixo a categoría Teclado.

Actualización automática

Este complemento inclúe unha característica de actualización automática. A comprobación de nova versión executarase cada vez que NVDA se cargue. Se queres isto, vai a NVDA, Preferencias, Opcións e na categoría do complemento marca a caixa de verificación.