Complemento de Reloxo e calendario para NVDA

  • Authors: Hrvoje Katić, Abdel and NVDA contributors
  • Descargar versión estable

  • Compatibilidade con NVDA: 2019.3 en diante

Este complemento habilita a funcionalidade avanzada de reloxo, temporizador con alarma e calendario para NVDA.

Podes configurar NVDA para anunciar hora e data en formatos distintos dos que fornece Windows por defecto. Adicionalmente, podes obter o día actual, o número de semana, así como os días restantes ata o final do ano actual, e tamén podes configurar o anuncio automático da hora no intervalo especificado. Tamén hai características de cronómetro e temporizador con alarma integradas no complemento que che permiten cronometrar as túas tarefas, como a copia de arquivos, a instlaación de programas ou o cociñado de alimentos.

Notas:

  • se instalas o complemento como unha actualización, durante o proceso de instalación, o asistente detecta se a configuración vella é compatible coa nova e ofrece corrixila antes da instalación, de forma que só tes que validar o botón Aceptar para confirmalo.
  • En Windows 10 e posterior, podes utilizar a aplicación Alarmas e Reloxo para administrar cronómetro e temporizadores.

Teclas de ordes

  • NVDA+F12: obter hora actual
  • NVDA+F12 pulsado dúas veces rapidamente: obter data actual
  • NVDA+F12 premida tres veces rapidamente: obtén o número de día, o número de semana, o ano actual e o número de días restante ata o final do ano
  • NVDA+Shift+F12: entrar na capa do reloxo

Ordes non asignadas

As seguintes ordes están sen asignar por defecto; se desexas asignalas, utiliza o diálogo de Xestos de Entrada para engadir ordes persoalizadas. Para facelo, abre o menú NVDA, Preferencias, logo Xestos de Entrada. Expande a categoría Clock, despois localiza ordes sen asignar da lista inferior e selecciona "Engadir", logo escribe o xesto que queiras utilizar.

  • Tempo transcorrido e restante antes da seguinte alarma. Premer este xesto dúas veces rapidamente cancelará a seguinte alarma.
  • Deter son de alarma en reprodución.
  • Amosar a caixa de diálogo de programación de alarmas.

Ordes en capa

Para utilizar as ordes en capa, preme NVDA+Shift+F12 seguido dunha das seguintes teclas:

  • S: Inicia, detén ou reinicia o cronómetro
  • R: Restablece o cronómetro a 0 sen reinicialo
  • A: Fornece o tempo transcorrido e restante ata a vindeira alarma
  • T: abre o diálogo de programación de alarmas.
  • C: Cancelar a vindeira alarma
  • Espazo: Anuncia o temporizador actual do cronómetro ou da conta atrás
  • p: Se unha alarma é demasiado longa, permite detela
  • H: Listar tódolos comandos en capa (Help=Axuda)

Configuración e uso

Para configurar a funcionalidade de reloxo, abre o menú de NVDA, Preferencias, logo Opcions, e configura as seguintes opcións dende o panel de Clock:

  • Formato de amosado de hora e data: utiliza estes cadros combinados para configurar como anunciará NVDA a hora e a data cando premas NVDA+F12 unha vez ou dúas veces rapidamente, respectivamente.
  • Intervalo: escolle o intervalo de anunciado da hora neste cadro combinado (desactivado, cada 10 minutos, 15 minutos, 30 minutos, ou cada hora).
  • Anuncio da hora (dispoñible se o intervalo non está desactivado): escolle entre fala e son, só son ou só fala.
  • Son de campá do reloxo (dispoñible se intervalo non está desactivado): selecciona o son da campá do reloxo.
  • Horas caladas (dispoñible se o intervalo non está desactivado): selecciona esta caixa de verificación para configurar un rango de horas caladas onde non debería anunciarse a hora automaticamente.
  • Formato de hora das horas caladas (dispoñible se as horas caladas están activadas): selecciona como se presentan as opcións das horas caladas (formato de 12 ou 24 horas).
  • Horas de inicio e finalización das horas caladas: selecciona o rango de hora e minuto para as horas caladas nos cadros combinados de horas e minutos.

Para programar alarmas, abre o menú de NVDA; Ferramentas, logo selecciona Programar alarmas. Os contidos do diálogo inclúen:

  • Duración da alarma en: selecciona a duración da alarma/temporizador en horas, minutos, e segundos.
  • Duración: introduce a duración da alarma na unidade especificada anteriormente.
  • Son de alarma: selecciona o son de alarma a reproducir.
  • Botóns deter e pausa: deter ou pausar un son de alarma longo.

Faga click en OK, e un diálogo informarate da duración de alarma actualmente seleccionada.