Columns Review

Columns Review é un complemento para mellorar a experiencia en NVDA coas listas.

As súas características inclúen:

  • accións persoalizables na cabeceira e/ou o contido de columnas (as accións dispoñibles son ler, copiar, deletrear e amosar en modo exploración);
  • capacidade de alternar entre columnas en intervalos de dez en dez;
  • administración de cabeceiras simplificada (clicks do rato);
  • lectura a demanda de posición relativa do elemento actual (p.ex. elemento 7 de 10);
  • xestos persoalizables con ou sen teclado numérico;
  • anuncio "0 elementos" cando a lista está baleira (non funciona en cartafoles de Win8/10, lamentablemente);
  • soporte para a fundionalidade ler todo;
  • anuncio dos elementos seleccionados (cantidade e nomes);
  • procura en listas (con multiselección de elementos, se está activada/soportada).

Xestos

As teclas por defecto para as columnas, as cabeceiras e a posición son NVDA+control, pero podes personalizalas dende os axustes do complemento (non dende o diálogo "Xestos de entrada").

Ten en conta que o teu teclado podería ter problemas procesando certas combinacións de teclas, así que proba todos os xestos do complemento e axústaos para mellores resultados.

Consulta tamén as preferencias do complemento para o modo do teclado numérico, disposición de teclado (sen teclado numérico), e as catro accións dispoñibles para columnas.

  • NVDA+control+díxitos do 1 ó 0 (modo teclado) ou do 1 ó 9 (modo teclado numérico): por defecto, premido unha vez le a columna elixida, premido dúas veces cópiaa;
  • NVDA+control+menosTecladoNumérico (modo teclado numérico): de forma semellante a NVDA+control+0 en modo teclado, ler ou copiar a columna décima, vixésima, etc.;
  • NVDA+control+- (modo teclado, distribución EN-US): nunha listaxe con 10+ columnas, cambiar o intervalo e procesar columnas da 11 á 20, da 21 á 30, e así (cambia o último carácter de acordo coa túa distribución, nas opcións);
  • NVDA+control+máisTecladoNumérico (modo teclado numérico): igual á orde anterior;
  • NVDA+control+intro (introTecladoNumérico en modo teclado numérico): abrir administrador de cabeceiras;
  • NVDA+control+suprimir (suprimirTecladoNumérico en modo teclado numérico): ler posición relativa do elemento actual (p.ex. elemento 7 de 10);
  • Frechas e NVDA+tab (en lista baleira): repetir mensaxe "0 elementos"
  • NVDA+frechaAbaixo (disposición de escritorio) ou NVDA+a (disposición portátil): comezar ler todo (este xesto depende do orixinal, baixo "Xestos de entrada"/"Cursor do sistema");
  • NVDA+shift+frechaArriba (disposición de escritorio) ou NVDA+shift+s (disposición portátil): anunciar cantidade e nomes dos elementos de lista actualmente seleccionados (semellante ó comando anterior para persoalización);
  • NVDA+control+f: abrir diálogo de procura (non persoalizable);
  • NVDA+f3: buscar seguinte ocorrencia do texto anteriormente introducido (non persoalizable);
  • NVDA+shift+f3: buscar anterior ocorrencia (non persoalizable).

Soporte

Este complemento fornece soporte xeral para as listas máis comúns (ver abaixo), e algunhas aplicacións específicas. O autor principal (Alberto Buffolino) non pode garantir a compatibilidade/funcionalidade para aquelas aplicacións que non utiliza, como Outlook e Windows Mail, mais estará encantado de colaborar cos seus usuarios ou aceptar unha solicitude de integración (pull request) para elas.

As listas soportadas son:

  • SysListView32;
  • DirectUIHWND (presente en sistemas de 64 bits);
  • WindowsForms10.SysListView32.* (aplicacións que usen .net);
  • vista de multicolumna, como a presente en RSSOwlnix;
  • Tabla Mozilla (normalmente a listaxe de mensaxes do Thunderbird, soportándose a agrupación por fío).