Control Usage Assistant

  • Author: Joseph Lee, Noelia Ruiz Martínez

Utiliza este complemento para atopar como interactuar co control enfocado. Preme NVDA+H para obter unha mensaxe curta de axuda na interacción co control enfocado, como caixas de verificación, campos de edición etc.

Vai ó menú de NVDA, submenú Preferencias, diálogo Opcións, categoría Control Usage Assistant para configurar as opcións do complemento:

  • Mensaxes automáticas para o foco: Marcada por defecto.
  • Escribe a mensaxe que se utilizará cando un obxecto poida ser activado: Poderías incluír unha mensaxe curta indicando o xesto por defecto ou aquel que configurases para saber se o obxecto ten unha acción asociada cando se prema NVDA+intro na navegación de obxectos.
  • Selecciona modos de saída para mensaxes automáticas: Esta listaxe de caixas de verificación permite seleccionar fala e braille.
  • Cambio de ton para mensaxes automáticas: Este deslizador permite establecer o cambio de ton cando NVDA lea mensaxes automáticas (de -30 a +30).

Version 20240324.0.0

  • Improved support for edit controls and suggestions.

Versión 2023.02.19

  • A mensaxe configurada para obxectos clickeables anunciarase despois doutras propiedades.
  • Compatible con NVDA 2023.1.

Versión 2022.07.10

  • Engadida a posibilidade de configurar unha mensaxe para a navegación por obxectos, para anunciar se o obxecto actual se pode activar.

Versión 2022.03.27

  • Require NVDA 2022.1 ou posterior.

Versión 22.01

  • Engadido soporte para mensaxes automáticas.
  • Mellorado o soporte para as mensaxes solicitadas en modo exploración.

Versión 21.10

  • Requírese NVDA 2021.2 ou posterior debido a cambios en NVDA que afectan a este complemento.

Versión 20.10

  • As mensaxes de axuda anúncianse en idiomas diferentes do inglés.

Versión 20.06

  • Resoltas varias incidencias de estilo do código e erros potenciais con Flake8.
  • NVDA xa non parecerá non facer nada ou reproducirá tons de erro ao tentar obter axuda para certos controis en modo exploración.

Versión 20.01

  • Requírese NVDA 2019.3 ou posterior.

Versión 3.0/19.11

  • O esquema de versionado é agora ano.mes.
  • Cando se prema NVDA+H, amosarase unha xanela de axuda no canto dunha mensaxe efímera.

Versión 2.5

  • Compatible con Python 3.

Versión 2.1

  • Traduccións novas e actualizadas.

Versión 2.0

  • Engadidas mensaxes de axuda para máis controis, incluindo a terminal de windows.
  • Engadidas mensaxes para traballar nalgunhas áreas de aplicacións, como Microsoft Excel e PowerPoint e para a pantalla de inicio do Windows 8.
  • Engadidas mensaxes de axuda para traballar cos formularios nos modos navegar e foco nos documentos do modo virtual (Internet Explorer, Adobe Reader, Mozilla Firefox, etc.).
  • Nova lingua: Danés.

Versión 1.0

  • Versión inicial.