Cursor Locator

  • Authors: Noelia Ruiz Martínez, Sergio Gómez Codina.

Este complemento permite coñecer a posición do cursor do sistema con respecto ó inicio da liña actual, mentres se escribe para engadir texto a documentos e controis multiliña.

Esta característica depende da aparencia das aplicacións. en consecuencia, poderías ter que desactivar o axuste de liña ou configurar o complemento para diferentes programas.

Opcións de Cursor Locator

Este panel está dispoñible dende o menú de NVDA, submenú Preferencias, diálogo Opcións.

Proporciona as seguintes opcións:

  • Anunciar lonxitude de liña: Podes escribir ou escoller unha lonxitude de liña (número de caracteres entre 0 e 600), que se anunciará cun ton alto cando se acade. (O valor por defecto é 80 caracteres).
  • Número máximo de pitidos para a notificación de inicio de liña: Podes escribir ou seleccionar un valor entre 0 e 600. O valor por defecto é 0.
  • Número máximo de pitidos para a notificación de final de liña): Podes escribir ou seleccionar un valor entre 0 e 600. O valor por defecto é 0.
  • Ton do son para inicio de liña): Podes escribir ou seleccionar un valor entre 20 e 20000. (O valor por defecto é 400 hercios).
  • Duración do son para inicio de liña: Podes seleccionar un valor entre 20 e
    1. (O valor por defecto é 50 milisegundos).
  • Probar son para inicio de liña): Preme este botón para probar o son configurado para inicio de liña.
  • Ton do son para final de liña: Podes escribir ou seleccionar un valor entre 20 e 20000. (O valor por defecto é 1000 hercios).
  • Duración do son para final de liña: Podes seleccionar un valor entre 20 e
    1. (O valor por defecto é 50 milisegundos).
  • Probar son para final de liña: Preme este botón para probar o son configurado para inicio de liña.

Ordes

Podes modificar os xestos para calquera de estas ordes mediante o menú de NVDA; submenú Preferencias, diálogo Xestos de entrada:

  • NVDA+control+shift+l: Cando sexa posible, anuncia a lonxitude da liña actual (categoría Cursor do sistema).
  • Sen asignar: Amosa o diálogo de configuración de Cursor Locator (categoría Configuración).

Cambios para 3.0

  • Compatible con NVDA 2023.1.

Cambios para 2.0

  • Engadida a posibilidade de repetir notificacións ao acadar o final e o inicio de liña.
  • Engadido soporte para documentos de Office, e Bloc de notas en windows 11.

Cambios para 1.0

  • Versión inicial