Debug Helper

O propósito deste complemento é facer máis fácil depurar cousas en NVDA. Engadiranse novas características con base nas suxestións dos usuarios. Todos os emails e incidencias en GitHub con comentarios ou ideas de características son moi benvidas.

Orde de Teclas

  • NVDA+Shift+F1: Inserta unha liña de marca no rexistro do NVDA.

Explicación e Uso

Cando premes a orde de teclas, o complemento inserta unha liña como a seguinte no rexistro do NVDA (no nivel Info):

-- Mark 1 --

Tamén anunciará: "Logged Mark 1!" (¡Rexistrada Marca 1!)

Se premes a orde de novo, obterás:

-- Mark 2 --

e falarase "Logged Mark 2!"

Poñamos por caso que estabas a punto de realizar unha serie de tarefas, que sabes que xeran extenso contido de erro no rexistro de NVDA. Vas a publicar as porcións relevantes do teu rexistro nunha lista de correo ou sistema de incidencias de NVDA en GitHub. Porén, non queres explorar todo o rexistro para buscar o contido relevante. Así que utilizas este complemento para insertar a marca 1, xusto antes de facer o que causa o primeiro erro. Se coñeces que algo máis vai xerar máis erros, ou outra clase, insertas outra marca para separar ése error do anterior, de maneira que poidas dicir "isto é o que estaba facendo na marca 3, onde ocorreron algúns erros." Outro exemplo: ao utilizar algunha aplicación,ocorre algo que causa un erro (quizais oias o son de erro de Windows). Queres volver atrás e buscar ese erro máis adiante, pero non queres deixar de traballar para gardar o rexistro no momento. Así que utilizas este complemento de novo, para insertar unha marca no teu rexistro. Desta volta a marca aparecerá despois dos erros no teu rexistro, no canto de antes. Mais en calquera caso, as marcas axudaranche a acotar as seccións importantes do teu rexistro.

As liñas de marca amosadas enriba pódense procurar facilmente co comando find/procurar nun editor de texto como o bloc de Notas ou Notepad++. Adicionalmente, por defecto, hai unha liña en branco insertada enriba de cada marca. Tamén é posible insertar liñas en branco baixo a marca. As liñas en branco poden ser útiles se estás a utilizar o visualizador do rexistro, ou outro editor de texto, e queres utilizar as teclas de frechas para ler car arriba/abaixo polo rexistro, para procurar unha marca en particular. É fácil detectar a frase "en branco" de entre a variedade de texto que se está a falar conforme te moves rapidamente polo rexistro. Se premes as frechas realmente rápido, poderías precisar máis ca unha liña en branco, que podes axustar nas opcións.

Nota: O contador de marca sobrevivirá á recarga de complementos (NVDA+Control+F3), pero comezará de novo en un se reinicias NVDA.

Configuración:

Na sección Opcións das Preferencias do NVDA; atoparás unha categoría "Debug Helper". No diálogo de opcións podes cambiar o número de liñas en branco insertadas antes e despois de cada marca de liña. O predeterminado é unha liña antes, e cero despois, malia que podes utilizar entre 0 e 10 liñas para calquera dos dous. Baixo a categoría Ferramentas do panel Xestos de Entrada do NVDA, podes trocar NVDA+Shift+F1 por unha secuencia de teclas da túa escolla.

Rexistro de trocos

  • Versión 1.0.2 (2019-08-28)

    • Tradución e limpeza de código.
  • Versión 1.0.1 (2019-08-26)

    • Versión de solución de erros menores para arranxar probablemente un problema de instalación en certas versións de Windows.
  • Versión 1.0 (2019-08-22)

    • Liberación inicial. Incluíndo as seguintes características:

      • Posibilidade de xerar liñas de marca numeradas no rexistro (no nivel info).
      • Posibilidade de engadir 0-10 liñas en branco antes e despois de cada liña de marca.
      • Configuración mediante o sistema do diálogo opcións do NVDA.