Developer Toolkit

A caixa de ferramentas do desenvolvedor (Developer toolkit, abreviada CFD ou DTK) é un complemento de NVDA que asiste aos desenvolvedores cegos e con discapacidade visual coa creación independente de interfaces de usuario ou contido web visualmente chamativo. Fornece xestos que che permiten navegar entre obxectos e obter información sobre eles, como o seu tamaño, posición, e características. Para comezar a utilizar CFD, enfoca un control, logo preme ALT+WINDOWS+K. Para deshabilitalo, preme ALT+WINDOWS+K de novo. Cando esteas na web, preme NVDA+ESPAZO para poñer a NVDA en modo foco e preme NVDA+SHIFT+ESPAZO para desactivar a navegación cunha soa letra.

Xestos

Están dispoñibles os seguintes xestos cando CFD está habilitado.

  • ALT+WINDOWS+K - Habilitar ou deshabilitar as características da CFD.
  • FRECHA ESQUERDA - Moverse ao irmán anterior.
  • FRECHA DEREITA - Moverse ao irmán seguinte.
  • FRECHA ARRIBA - Moverse ao pai.
  • FRECHA ABAIXO - Moverse ao primeiro fillo.
  • CTRL+INICIO - Moverse ao pai de maior nivel.
  • INICIO - Moverse ao pai relativo se se asignou un.
  • A - En contido web, falar atributos HTML. Prémeo dúas veces rapidamente para copialos ao portapapeis.
  • B - Falar a posición do eixe inferior do obxecto. Prémeo dúas veces rapidamente para copiala ao portapapeis.
  • SHIFT+B - Falar a distancia entre o eixe inferior do obxecto e o eixo inferior do pai relativo.
  • C - Falar o número de fillos contidos dentro do obxecto. Prémeo dúas veces rapidamente para copialo ao portapapeis.
  • control+c - alternar entre os valores de cor RGB, Hex, e Nome.
  • CTRL+D - Habilitar ou deshabilitar mensaxes detalladas.
  • F - En contido web, falar información de fonte e formato do obxecto. Prémeo dúas veces rapidamente para copiala ao portapapeis.
  • H - Falar a altura do obxecto. Prémeo dúas veces rapidamente para copiala ao portapapeis.
  • L - Falar a posición do eixe esquerdo do obxecto. Prémeo dúas veces rapidamente para copiala ao portapapeis.
  • n - Falar o nome do obxecto. Prémeo dúas veces rapidamente para copialo ao portapapeis.
  • CTRL+P - Establecer pai relativo para obter o tamaño/ubicación dos obxectos con respecto a él.
  • P - Falar o nome do pai relativo. Prémeo dúas veces rapidamente para copialo ao portapapeis.
  • R - Falar a posición do eixe dereito do obxecto. Preme dúas veces rapidamente para copiala ao portapapeis.
  • SHIFT+R - Falar a distancia entre o eixe dereito do obxecto e o eixo dereito do pai relativo. Preme dúas veces rapidamente para copiala ao portapapeis.
  • ALT+R - Falar o rol do obxecto/o tipo do control. Prémeo dúas veces rapidamente para copialo ao portapapeis.
  • S - Falar o número de irmáns relativo ao obxecto. Prémeo dúas veces rapidamente para copialo ao portapapeis.
  • SHIFT+S - Falar os estados do control do obxecto. Prémeo dúas veces para copialo ao portapapeis.
  • T - Falar a posición do eixe superior do obxecto. Prémeo dúas veces rapidamente para copiala ao portapapeis.
  • V - Falar versión da Caixa de ferramentas do desenvolvedor. Prémeo dúas veces rapidamente para copiala ao portapapeis.
  • W - Falar anchura do obxecto. Prémeo dúas veces rapidamente para copiala ao portapapeis.

Notas

  • Cando uses inicio ou calquera versión modificada da tecla de inicio, utilizar a tecla inicio do teclado numérico falla porque NVDA enviará a pulsación da tecla 7 do teclado numérico no canto da pulsación da tecla inicio do teclado numérico. OUtros complementos de teclado que tentan reasignar a tecla 7 do teclado numérico á tecla inicio falarán con este complemento.
  • Ao utilizar a característica de pai relativo, CFD establecerá o pai relativo no escritorio baixo as seguintes condicións.

    • Cando o obxecto enfocado e o pai relativo son o mesmo.
    • O pai relativo non é un superior xerárquico do obxecto enfocado.
  • CFD pode acceder a información como regras CSS, recheo (sangría), bordes, ou z-index. Facelo require acceder a eles fóra do contexto NVDA, que presenta certo problema de seguridade para os usuarios.

Problemas coñecidos

  • A lista persoalizable de atributos de fonte ubicada nas opcións de Developer toolkit podería ser incómoda de usar. Ésta é unha limitación da librería de interface de usuario de NVDA.

Historial de versións

20.04

  • Engadido un xesto (inicio) que proporciona a posibilidade de moverse ao pai relativo definido.

20.03

  • Engadido un xesto (ALT+R) que obtén o tipo de control do obxecto actualmente enfocado. Entre os exemplos inclúense button (botón), listitem (elemento de lista), list (lista), checkbox (caixa de verificación), e section (sección).
  • engadido un xesto (SHIFT+S) que obtén os estados do control actualmente enfocado. Entre os exemplos inclúense focused (enfocado), focusable (enfocable), selected (seleccionado), checked (marcado), pressed (premido), e readonly (de só lectura).
  • Eliminado o soporte para o ID único de IAccessible ao non ser confiable na maioría de contextos.
  • Abreviado o número de versión a xx.yy onde xx son os dous últimos díxitos do ano actual, e yy é o número de actualización dentro do ano actual. Así 20.03 é a terceira actualización maior no 2020.

2020.2

  • Starting DTK retains the cursor’s current position in web content. If the object under the caret can’t gain focus, DTK will place focus on the first available ancestor.
  • Eliminado o soporte de cadeas unicode.
  • Eliminado o axuste enable/disable Developer toolkit features (habilitar/deshabilitar características de Developer toolkit) do diálogo de opcións de Developer toolkit ubicado en menú NVDA>Preferencias>Opcións. Os usuarios aínda poden habilitar/deshabilitar as características premendo alt+windows+k.
  • Os atributos de formato obtidos premendo 'f' cando Developer toolkit está habilitado agora son configurables en preferencias>opcións>Developer toolkit.

    • Engade novos atributos de formato premendo o botón 'new atribute' (novo atributo). Escribe o nome dun atributo de formato válido, preme tab para poñelo na lista, logo preme escape para abandoar o modo edición.
    • Elimina un atributo seleccionándoo na lista, premendo logo o botón 'delete attribute' (eliminar atributo).
    • Renomea un atributo premendo o botón 'rename' (renomear), escribindo un novo nome, premendo tab para poñelo na lista, premendo logo escape para abandoar o modo edición.
    • Move un atributo arriba na lista seleccionándoo e premendo o botón 'move up' (mover arriba). Repite isto ata que estea na ubicación desexada na lista.
    • Move un atributo abaixo na lista seleccionándoo e premendo o botón 'move down' (mover abaixo). Repite isto ata que estea na ubicación desexada na lista.
  • Os usuarios agora teñen a posibilidade para cambiar a forma en que na que se amosan os valores de cor ao obter información de formato. O axuste atópase en preferencias>opción>Developer toolkit,elixindo logo un formato de amosado de cor (color display format).

    • RGB - valor Vermello/Amarelo/Azul. Define unha cor a través de combinacións das cores vermella, amarela e azul. Bo para arte gráfica, especialmente para cores non web.
    • Hex - cadea que comeza cun '#' seguido de 6 caracteres consistentes en 1-0 e A-F. boa normalmente para contido web.
    • Name (Nome) - valor lexible por humanos da cor. Bo para propósito de uso xeral e para verificar outros formatos de valor de cor.

2020.1.1

  • Mellorado o soporte unicode.

2020.1.0

  • Os desenvolvedores agora teñen a posibilidade de enfocar áreas máis pequenas das súas interfaces de usuario premendo CTRL+p para establecer un pai relativo. Utiliza un pai relativo coma un punto de referencia ao obter información de tamaño e ubicación. Para utilizar esta característica, habilita as características de CFD, navega ao obxecto a utilizar como pai relativo, logo preme CTRL+p. Despois, volve ao teu traballo coma sempre.
  • Preme a letra p mentres traballas coa CFD para obter o nome do pai relativo. Prémeo dúas veces rapidamente para copialo ao portapapeis.
  • Utiliza SHIFT+b para obter a distancia entre o eixo inferior do obxecto enfocado e o eixo inferior do pai rleativo. As características de CFD deben estar habilitadas para utilizar esta característica.
  • Utiliza SHIFT+b para obter a distancia entre o eixo dereito do obxecto enfocado e o eixo dereito do pai rleativo. As características de CFD deben estar habilitadas para utilizar esta característica.
  • CFD xa manexa dinamicamente os cambios de perfiles de configuración.
  • Eliminado '-preview' do número de versión para evitar problemas no número de versións con add-on updater.

2020.0-preview

  • Cambiado o número de versión a 2020.0-preview para reflectir o cambio a Python 3 pendente.
  • Engadida compatibilidade con Python 3.
  • Engadido un novo xesto, "n" que fala o nome do obxecto. Se non está asignado, fala a palabra "None" (ningún) como nome do obxecto.
  • CFD xa non engade paneis de opcións duplicados na xanela de opcións de NVDA ao recargar os complementos.

2019.1.2

  • CFD reportará agora os valores de tamaño e posición se son 0.
  • A navegación agora respecta o axuste de mensaxes detalladas.
  • Feita máis concisa a información do tamaño e da posición.
  • Melloras de estabilidade.

2019.1.1

  • CFD xa non tentará cargarse a sí mesmo varias veces ao anunciar o número de versión.
  • As características da CFD deshabilitaranse na instalación. Anteriormente, as características da CFD estaban habilitadas na instalación. Isto é diferente que habilitar ou deshabilitar o complemento dende a ventá de NVDA Ferramentas>Administrador de complementos.
  • As mensaxes presentadas ao usuario poden conter agora caracteres non ASCII.
  • Premer xestos como a, b, c, f, h, l, r, s, t, v, e w xa non interrompen a fala de NVDA ao copiar ao portapapeis.

2019.1

  • Arranxado un problema de compatibilidade polo que CFD declaraba unha versión mínima de NVDA que aínda non se publicou.

2019.0 (liberación inicial)

  • Compilación inicial con navegación básica.