Direct Link

  • Autor: Fawaz Abdul Rahman
  • Versión: 1.0
  • Compatibilidade co NVDA: 2019.3 en diante
  • Descarga versión estable

Funcionalidade

O propósito do complemento e converter as ligazóns de Dropbox, Google Drive ou OneDrive a unha ligazón directa, ademais, xera un link directo a un chat de WhatsApp co número de teléfono seleccionado escollido.

Uso

  • Selecciona ou copia unha ligazón compartida de Dropbox, Google Drive ou OneDrive
  • Preme alt+NVDA+l para converter a ligazón. A URL resultante estará no teu portapapeis.
  • De xeito similar para o número de teléfono, copia ou selecciona o número de teléfono co que queres chatear ou compartir e preme o mesmo atallo (alt+NVDA+L).
  • se queres abrir a ligazón resultante no teu navegador, preme alt+NVDA+shift+l.

Por que a ligazón directa?

Unha ligazón directa permitirache obter a coñecida por todos caixa de diálogo de gardar se o abres no navegador, sen que se te asedie coa páxina de descarga da compaía de aloxamento nin localizar a ligazón de descarga. Por riba, a ligazón directa pódese utilizar para transmitir un archivo en directo ou ver un arquivo en certos programas como reprodutores multimedia (se veñen con soporte para URL). Igualmente, se WhatsApp é común no teu país, antes que crear un contacto cada vez que precises chatear con alguén, xa sexa un cliente ou un soporte técnico, podes simplemente seleccionar o número ou copialo e comezar a chatear directamente. Aínda máis, podes compartir a ligazón de whatsApp do teu propio número se a xente adoita ter que contactarte en caso de que traballes como freelance.

Notas

  • Non se pode convertir a ligazón dun cartafol; o link ten que levar a un arquivo.
  • Asegúrate de que a ligazón que estás a compartir é pública (calquera coa ligazón pode acceder) para que poida ser correctamente convertida.
  • Podes cambiar os atallos dende o menú NVDA > preferencias > xestos de entrada.
  • Se atopas certo formato de número de teléfono que non se detecta, podes enviarme un correo electrónico cun exemplo.
  • Certo tipo de arquivos e tamaños en Google Drive podería levarte a unha páxina que diga "Google Drive non puido escanear este arquivo en busca de virus." en tal caso, tes que pulsar sobre a ligazón descargar de todas formas.

Agradecementos

Vaia un enorme agradecemento para os seguintes amigos, sen eles non podería facer que isto aparecese:

  • Qais Alrefai por probar o complemento e fornecerme diverso material para probalo, e tamén polas súas observacións e idea xeral para o complemento.
  • Marina Amir por traducir o complemento a francés, edición de linguaxe e probas.
  • Riad Assoum por traducir o complemento a árabe.
  • todos os que o probaron.