eMule

  • Autores: Noelia, Chris, Alberto.

Este complemento axuda a mellorar a accesivilidade do eMule co nVDA. Tamén proporciona ordes de teclado adicionais para moverte en diferentes ventás e dar información util do eMule.

Baséase no complemento eMuleNVDASupport, desenvolvido polo mesmo autor. Debes desinstalar o vello complemento para usar este, xa que ambos teñen as pulsacións de teclado e as características comúns.

Tested on eMule 0.50a.

Ordes de Teclado:

  • control+shift+h: Move o foco e o rato cara a barra de ferramentas principal.
  • control+shift+t: Le a ventá actual.
  • control+shift+n: Move o foco cara o campo de nome na ventá procurar.
  • control+shift+p: Na ventá de procurar, move o foco e o rato cara a lista de parámetros de procuras, ou opcións do campo de edición.
  • control+shift+b: Move o foco para a lista na ventá actual. Por exemplo utilizable na ventá Buscar, descargas na ventá de transferencia, etc.
  • control+shift+o: Move o foco para caixas de só lectura no diálogo actual. Por exemplo, as mensaxes recibidas no IRC , servidores dispoñibles, etc.
  • control+NVDA+f: se o cursor está localizado nunha Caixa de edición de só lectura, abre un diálogo de busca para usar as ordes para procurar texto disponibles no NVDA.
  • control+shift+l: Move o navegador de obxectos e o rato cara as cabeceiras da lista actual.
  • control+shift+q: Le o primeiro obxecto na barra de estado; proporciona información acerca da actividade recente.
  • control+shift+w: Le o segundo obxecto da barra de estado; contén información acerca de ficheiros e usuarios no servidor actual.
  • control+shift+e: Le o terceiro obxecto da barra de estado; util para saber a velocidade de subida e de baixada.
  • control+shift+r: Le o carto obxecto da barra de estado; informa sobre a conexión das redes Kad e eD2K.

Administrando columnas.

Cando estás dentro dunha lista, podes mover o cursor entre as filas e as columnas usando alt+control+Flechas. Neste complemento tamén están dispoñibles as seguintes ordes de teclado:

  • nvda+control+1-0: Le as primeiras 10 columnas.
  • nvda+shift+1-0: Le as columnas 11 a 20.
  • nvda+shift+C: Copia o contido da última columna lida ó portapapeis.

Cambios para 7.0

  • Compatible con NVDA 2023.1.

Cambios para 6.0

  • Require NVDA 2022.1 ou posterior.

Cambios para 5.0

  • Compatible con NVDA 2021.1.

Cambios para 4.0

  • Require NVDA 2019.3 ou posterior.

Cambios para 3.0

  • To search text in the readonly edit boxes,  the find dialog  can be used, such as nvda+control+f to activate the find dialog.

Cambios para 2.0

  • A axuda do complemento está dispoñible no Administrador de Complementos.

Cambios para 1.2

  • Cando se cambia para as mensaxes de IRC, o texto seleccionado indícase correctamente.
  • A combinación de teclas usada para pasar á lista de resultados de busca foi xeneralizada para poder mover o foco para calquera lista dispoñible na ventá actual.
  • A orde usada para concentrar as mensaxes de IRC foi xeneralizada para desprazarse a calquera caixa de edición de só lectura, o que fai posible revisar a información de conexión no diálogo de servidores.
  • Ó mover o rato e o foco a barra de tarefas, nalgúns casos anunciábase dúas veces. Esto foi correxido.

Cambios para 1.1

  • Correxido un erro no elemento eMule no menú de axuda do NVDA, cando o nome do cartafol da configuración de usuario contén caracteres non latinos.
  • Os atallos agora poden se reasignar utilizando o diálogo de xestos de entrada do NVDA.

Cambios para 1.0

  • Versión inicial.