Enhanced Annotations
- Authors: George Kerscher, Noelia Ruiz Martínez
No DAISY Consortium, as boas prácticas desenvólvense para publicadores e autores para proporcionar descricións extendidas (longas).
As boas prácticas utilizan o elemento HTML details que siga a imaxe, ou unha ligazón a outro arquivo que conteña a descrición extendida.
En ambas opcións, o usuario tería que moverse ós detalles ou a ligazón e activala.
Ter un atallo de teclas que poña o foco nos detalles ou na ligazón sería ideal.
As nosas boas prácticas recomendan que os detalles ou a ligazón sigan inmediatamente á imaxe, e se se segue a ligazón, débese proporcionar un botón atrás exactamente á mesma ubicación. Isto asegura que o usuario non se perderá.
Porén, é probable que os autores, na práctica, coloquen a descrición extendida (longa) case en calquera lugar. Neses casos, o usuario querería volver á imaxe, e de aí a necesidade dunha maneira de volver á imaxe orixinal.
This add-on provides both features, in support of this issue opened in NVDA's repository.
Ordes
- NVDA+alt+D: move o cursor ó elemento identificado con aria-details.
- NVDA+alt+shift+D: move o cursor ó elemento orixinal, por exemplo, unha imaxe con máis detalles como unha descrición longa. Se se premeu NVDA+alt+d varias veces para moverse a anotacións realizadas, é posible volver a cada unha delas.
As ordes anteriores pódense modificar dende o menú de NVDA, submenú Preferencias, diálogo de Xestos de entrada, categoría Modo exploración.
Cambios para 2.0
- Engadida a posibilidade de moverse rapidamente entre varias orixes de anotacións.
- Require NVDA 2023.1 ou posterior.