Enhanced Aria

  • Autor: José Manuel Delicado
  • Complemento antigo: NVDA 2019.3 e posterior poden ler artigos na web
  • Compatibilidade con NVDA: da 2017.4 á 2019.2
  • Descargar versión estable

Este complemento permíteche persoalizar que pontos de referencia aria anuncia o NVDA cando navegues polo Internet.

A súa funcionalidade é moi sinxela. Unha vez instalado, abre o teu navegador web e visita as webs normalmente. Os pontos de referencia aria anunciados de xeito predeterminado polo Firefox e polo Chrome tamén serán visibles no Internet Explorer, así poderás premer as teclas de navegación rápida para saltar entre eles, e listalos premendo NVDA+f7 en todos os navegadores. Le a Guía do Usuario do NVDA para máis información.

O complemento engade un ponto de referencia extra que non se inclúe por defecto no NVDA, o artigo (abreviado en braille como art).

O diálogo Configuración

Podes habilitar ou deshabilitar pontos de referencia indo cara NVDA, preferencias, Opcións de Enhanced Aria ou dende a categoría correspondente no diálogo de opcións do NVDA. O diálogo ten unha caixa de verificación para cada ponto de referencia. Se deshabilitas un ponto de referencia, non poderás saltar cara el premendo a tecla d cando navegues por unha páxina web, e o NVDA non o anunciará.

Información de contacto

Este complemento foi desenvolvido por José Manuel Delicado. Se queres contactalo, envía un correo electrónico a jm.delicado@nvda.es, ou abre un issue en GitHub en https://github.com/jmdaweb/enhancedAria

Rexistro de cambios

Versión 2.8

  • Traducións novas e actualizadas.
  • Actualizadas as marcas de compatibilidade con NVDA.

Versión 2.7

  • Actualizadas as marcas de compatibilidade para versións recentes de NVDA.
  • Traducións novas e actualizadas.

Versión 2.6

  • Actualizadas as marcas de compatibilidade para versións recentes de NVDA. Esta versión só é compatible con NVDA 2017.4 e superior.
  • Traducións novas e actualizadas.
  • Agora, a configuración aplícase automaticamente tras saltar entre perfís de NVDA e reiniciar a configuración ós valores de fábrica.

Versión 2.5

  • Actualizadas as marcas de compatibilidade para versións recentes de NVDA.

Versión 2.4

  • Agora a configuración só se borra ao desinstalar o complemento, xa non se restablece ao actualizalo.
  • Traducións novas e actualizadas.

Versión 2.3

  • Engadida compatibilidade con versións recentes de NVDA.
  • Novas traducións.

Versión 2.2

  • Arranxado un erro fatal ao estar en uso unha pantalla braille e configurado o roll artigo para ser reportado.

Versión 2.1

  • Melloras de estabilidade

Versión 2.0

  • Engadido soporte para o diálogo de opcións multicategoría dispoñible en NVDA 2018.2 e posterior
  • Engadida compatibilidade co Python3
  • Agora úsase o módulo guiHelper para crear a interface do complemento

Versión 1.3

  • Engadida especificación configobj para as preferencias do complemento

Versión 1.2

  • Correxidos fallos

Versión 1.1

  • Correxidos problemas que preveñen a apertura do diálogo de opcións do complemento ao voltar á configuración gardada do NVDA