Event Tracker

Event Tracker

  • Author: Joseph Lee, Thiago Seus
  • Descargar Versión estable
  • Compatibilidade con NVDA: 2022.4 e posterior

Este complemento fornece información sobre obxectos para os que se dispararon eventos. As propiedades gravadas no modo depuración do rexistro inclúen o tipo de obxecto, nome, rol, evento, módulo de aplicación, e informaación específica da API de accesibilidade como accName para obxectos IAccessible e Automation Id para obxectos UIA.

Notas:

  • Este complemento está deseñado para desenvolvedores e usuarios avanzados que necesiten vixiar eventos provenientes de apps e varios controis.
  • Para utilizar o complemento, NVDA ten que estar rexistrando en modo depuración (configurado dende as opcións xerais/nivel do logging, ou reiniciando co rexistro de depuración habilitado).
  • Podería ser posible que que complementos cargados antes que Event Tracker non pasasen os eventos a outros complementos, incluído Event Tracker. Se isto sucede, Event Tracker non será capaz de rexistrar eventos.
  • Os eventos recóllense dende as extensións globais (global plugins), os módulos de aplicación, os interceptores de árbore e obxectos de NVDA, nesa orde.

Os eventos e a súa información

Séguense e grávanse os seguintes eventos:

  • Manipulación do foco: obter foco, perder foco, entrada do foco, primeiro plano
  • Cambios: nome, valor, estado, descrición, rexión activa
  • Outros eventos: alert
  • Eventos UIA: controller for, efectos drag drop e drop target, element selected, item status, layout invalidated, notification, system alert, text change, tooltip open, window open

Para cada evento, gravarase a seguinte información:

  • Nome do evento
  • Obxecto
  • Nome do obxecto
  • Rol do obxecto
  • Valor ou estado do obxecto, depende do evento
  • Módulo de aplicación
  • Para obxectos IAccessible: acc name, child ID
  • Para obxectos UIA: Automation Id, class name, propiedades da notificación se se están rexistrando notificacións UIA, child count para o evento layout invalidated, properties para item status, efecto drag drop, and drop target se se definiu

Tamén podes asignar un xesto para ver os eventos nunha lista (menú NVDA/Preferencias/Xestos de entrada, categoría Event Tracker). A lista garda ata os 100 eventos máis recentes.

If you find this add-on useful, please review it in the NVDA Add-on Store.

Version 24.1.0

  • NVDA 2024.1 compatibility.

Versión 23.02

  • Require NVDA 2022.4 ou posterior.
  • Requírese Windows 10 21H2 (Actualización de novembro de 2021/compilación 19044) ou posterior.
  • Seguiranse os eventos alert (principalmente para obxectos IAccessible).

Versión 23.01

  • Require NVDA 2022.3 ou posterior.
  • Requírese Windows 10 ou posterior xa que Windows 7, 8, e 8.1 xa non se soportan dende Microsoft dende xaneiro do 2023.

Versión 22.12

  • Engadido o diálogo de lista de eventos (orde sen asignar) para listar ata os 100 eventos máis recentes rexistrados polo complemento (Thiago Seus).
  • Ó mesmo tempo que os eventos, rexístrase tamén información adicional do evento como as propiedades da notificación UIA.

Versión 22.10

  • Require NVDA 2022.2 ou posterior por razóns de seguridade.
  • Séguense os seguintes cambios de propiedades UIA: drag drop effect, drop target effect.
  • Rexístrase o texto da propiedade UIA item status.
  • NVDA xa non reproducirá tons de erro ou parecerá non facer nada se un obxecto non define un nome de clase de xanela (window class name).

Versión 22.06

  • Require NVDA 2021.3 ou posterior por razóns de seguridade.

Versión 21.10

  • Requírese NVDA 2021.2 ou posterior debido a cambios en NVDA que afectan a este complemento.
  • Seguirase o evento UIA layout invalidated.
  • A información sobre o rol e os estados do obxecto asemellarase á información para desenvolvedores presente en versións de NVDA máis recentes.

Versión 21.07

  • Publicación inicial.