Focus Highlight

Ó dibuxar un rectángulo coloreado, este complemento permite ós usuarios con deficencia visual, educadores videntes, ou desenvolvedores seguir a posición do navegador de obxectos do NVDA e o obxecto ou control enfocado.

As seguintes cores utilízanse por este complemento:

  • Rectángulo fino verde de liñas punteadas para indicar o navegador de obxectos.
  • Rectángulo fino bermello amosa que NVDA está en modo exploración, e que éste é o obxecto/control enfocado.
  • Rectángulo groso bermello amosa que NVDA está en modo exploración, e que éste é o obxecto/control enfocado.
  • Rectángulo groso azul de liñas punteadas indica que NVDA está en modo foco, p.ex., as pulsacións de teclas pásanse ao control.

Para alternar o seguimento do obxecto, preme NVDA+Alt+P. Podes asignar outros xestos utilizando o diálogo de Xestos de Entrada. Ten en conta que funciona con NVDA 2018.3 ou posterior. Doutro xeito, deberás desinstalar o complemento en sí mesmo para deshabilitar o seguimento do obxecto.

Cando a categoría Focus Highlight do diálogo de Opcións de NVDA está dispoñible, pódense utilizar os seguintes elementos.

  • Predeterminar modo foco: Esta caixa de verificación está habilitada por defecto. Cando se desmarca, este complemento compórtase da mesma maneira que na versión 5.6 ou anteriores, p.ex. se o modo exploración non está dispoñible nunha app, o foco amósase utilizando o rectángulo vermello groso.
  • Foco en modo foco, Foco en modo exploración, Obxecto no navegador: Cada un destes grupos contén Cor, Grosor e Estilo.

    • Cor: Esta caixa de edición permíteche escribir o código de cor HTML, p.ex. número hexadecimal de seis caracteres. Por exemplo, "ffffff" é branco, "ff0000" é vermello, e así. Ten en conta que "000000" non se pode utilizar.
    • Grosor: Esta caixa de edición permíteche escribir o grosor da caixa. Podes introducir un valor entre 1 e 30.
    • Estilo: As alternativas son Solid (Sólido), Dash (Guión), Dot (Punto), Dash dot (Guión punto) e Dash dot-dot (Guión punto-punto).
  • Restaurar por defecto: Este botón permíteche restablecer os teus axustes aos seus orixinais por defecto.

Cambios para 6.3

  • Traduccións novas e actualizadas.
  • Arranxado o problema polo que o estilo de guión do foco (en modo exploración) e do navegador de obxectos non se podían cambiar.
  • Arranxado o problema polo que o botón 'Cancelar' do panel de opcións non funcionaba tras premer o botón 'Restaurar por defecto'.

Cambios para 6.2

  • Traduccións novas e actualizadas.
  • Agora podes activar e desactivar o seguimento do obxecto utilizando NVDA+alt+P. Karl-Otto Rosenqvist contribuíu con isto.

Cambios para 6.1

Cambios para 6.0

  • Traduccións novas e actualizadas.
  • Soluciona o problema en relación co modo exploración.
  • Dende esta versión, se o modo exploración do NVDA non está dispoñible para unha aplicación, amósase sempre que NVDA está en modo foco para a aplicación, en lugar de utilizar o rectángulo groso vermello.
  • O grosor da liña que representa o modo foco reduciuse á metade.

Cambios para 5.6

  • Traduccións novas e actualizadas.
  • Arranxa o problema de compatibilidade coa compilación de desenvolvemento de NVDA alpha-16682.

Cambios para 5.5

  • Soluciona o problema con NVDA 2018.4 e os navegadores web Firefox/Chrome.

Cambios para 5.4

  • Traduccións novas e actualizadas.
  • Soluciona o problema referente ás versións compatibles.

Cambios para 5.3

  • Traduccións novas e actualizadas.
  • Soluciona o problema en relación co navegador Chrome e o modo de aplicación durminte.

Cambios para 5.2

  • Traduccións novas e actualizadas.

Cambios para 5.1

  • Eliminada a saída ó rexistro de depuración.

Cambios para 5.0

  • Cambiáronse os indicadores para o navegador de obxectos e para o Modo Foco.
  • Admítense múltiples monitores.
  • Agora usa a tecnoloxía GDI Plus para dibuxar.

Cambios para 4.0

  • Agocha o rectángulo se a aplicación actual está en modo durminte.

Cambios para 3.0

  • Arranxado un problema vencellado coa Caixa combinada expandida.
  • Correxido un problema co xestor de tarefas de Windows.
  • Capacidade para indicar modo foco.

Cambios para 2.1

  • Traduccións novas e actualizadas.

Cambios para 2.0

  • A axuda do complemento está dispoñible no Administrador de Complementos.

Cambios para 1.1

  • Cambiado o rectángulo do navegador de obxectos por unha liña irregular.
  • Correxido un problema con 'Recargar plugins'.

Cambios para 1.0

  • No Internet Explorer 10 e no Skype en Windows 8, arránxase un problema co navegador de obxectos.
  • Versión inicial.