Golden Cursor
- Autores: salah atair, Joseph Lee
- Descargar versión de desenvolvemento
- NVDA compatibility: 2023.3.4 and beyond
Este complemento permíteche mover o rato usando un teclado e gardar as posicións do rato para as aplicacións.
Teclas de Ordes
- Control+NVDA+L: ver posicións do rato gardadas para unha aplicación, se hai. Tamén podes asignar xestos a estas posicións dende este diálogo. Ó premer o xesto asignado, realizarase un click esquerdo na posición gardada.
- Shift+NVDA+l: garda unha tag ou unha etiqueta para a posición do rato actual na aplicación enfocada actualmente.
- Windows+NVDA+C: cambiar a unidade de movemento do rato.
- Windows+NVDA+R: conmuta a restricción do rato.
- Windows+NVDA+S: conmuta o anunciamento da posición do rato en pixeis.
- Windows+NVDA+J: mover o rato a unha posición x e y específica.
- Windows+NVDA+P: anunciar a posición do rato.
- Windows+NVDA+M: activar ou desactivar frechas do rato.
- Windows+NVDA+teclas de frechas (ou so teclas de frechas se frechas do rato está aceso): mover o rato.
Nota: estos xestos poden reasignarse dende o diálogo Xestos de Entrada no menú Preferencias do NVDA na categoría Golden Cursor.
Notas
- Cando se comparten posicións (tags), cada parte debería usar a mesma resolución de pantalla.
- Para compatibilidade máxima, deberías maximizar windows premendo Windows+frecha arriba.
- Ó compartiren posicións, as etiquetas de posicións existentes deberían renomearse.
- Os formatos das versións 1.x e 2.x de posicións do rato son incompatibles.
- Para realizar funcións que requiran usar teclas de frechas, primeiro desactiva frechas do rato.
- Ao se borrar posicións gardadas, se non quedan máis posicións gardadas, limparanse as da aplicación.
Versión 6.2
- Require NVDA 2022.4 ou posterior.
- Compatible con NVDA 2023.1.
Versión 6.1
- Require NVDA 2021.3 ou posterior.
- Agora, podes asignar atallos a posicións gardadas dende a lista de posicións. Ao premer un atallo, realizarase un click esquerdo na posición.
Versión 5.0
- ´Modernizado o código fonte do complemento para facelo compatible con NVDA 2021.1.
- Resoltos varios problemas e erros potenciais no estilo do código con flake8.
Versión 4.0
- Require do NVDA 2019.3 ou posterior.
- O diálogo de opcións de Golden Cursor reemprazouse polo panel de opcións de Golden Cursor.
Versión 3.3
- Trocos internos para soportar versións futuras de NVDA.
Versión 3.2
- O complemento é compatible con NVDA 2018.3 (WxPython 4).
Versión 3.0
- Se se usa o NVDA 2018.2, a configuración do complemento atoparase na nova pantalla multicategoría Opcións na categoría "Golden Cursor".
Versión 2.1
- Arranxado un erro de decodificación unicode ao se teclear para borrar o nome de tag.
- Prevéñense instancias múltiples ao se abrir varios diálogos do complemento.
- Mellorada a aparienza dos diálogos listar posicións do rato e saltar a posición.
Versión 2.0
- Requírese do NVDA 2017.3 e posterior.
- O formato do ficheiro de posición é incompatible co das versións 1.x. Se se atopa un formato de posición 1.x, as posicións vellas migraranse ao novo formato durante a instalación.
- Engadido un novo diálogo Opcións de Golden Cursor no menú Preferencias do NVDA para configurar a unidade de movemento do rato e o anunciado de posicións do rato segundo este se mova.
- Cambiáronse varias mensaxes deste complemento.
- Ao se conmutar varias opcións, o ton de conmutación xa non se escoitará.
- Agora podes entrar no modo frechas do rato onde podes mover o rato premendo só teclas de frechas.
- Cambios ao diálogo listar posicións, incluindo nome novo (agora chamado Posicións do rato) e deseño, amosando coordenadas do rato para unha etiqueta, e amosando o nome da aplicación activa coma parte do título.
- Dende o diálogo posicións do rato, premendo intro sobre unha etiqueta gardada moverase o rato á localización gardada.
- Ao se renomear unha posición do rato, amosarase un diálogo de erro se existe unha etiqueta co mesmo nome que o nome novo.
- Ao se borrar e limpar posicións do rato, agora debes responder si antes de que as posicións se borren e/ou se limpen.
- Cambios na característica salto do rato, incluindo un novo nome (agora chamada Nova posición do raton) e a capacidade de introducir coordenadas X e Y separadamente ou usando as teclas de frecha arriba ou abaixo.
- O diálogo amosado ao se gardar a posición actual do rato agora amosa as coordenadas para a posición actual do rato.
- Ao se gardar posicións, resolveuse un problema onde o NVDA podería reproducir tons de erro se o cartafol de posicións non existe.
Versión 1.4
- Quitada a dependencia win32api para facelo compatible con versións pasadas e futuras de NVDA.
Versión 1.0
- Versión inicial.