GoldWave

  • Autores: Joseph Lee, colaboradores do NVDA.
  • Descarga versión estable
  • Compatibilidade con NVDA: 2022.4 e posterior

Este módulo de aplicación mellora o acceso e o uso do editor de audio GoldWave.

Atallos de teclado

  • NVDA+Shift+C: Cambia a fala das ordes durante a edición do audio.
  • Control+Shift+P: Anuncia a posición da pista actual.
  • NVDA+Shift+R: Anuncia o tempo restante para a pista actualmente en edición.
  • Control+NVDA+1: Anuncia a canle que estás a editar.
  • Control+NVDA+2: Anuncia a lonxitude total do ficheiro de audio.
  • Control+NVDA+3: anuncia un resumo da información da selección do audio.
  • Control+NVDA+4: Anuncia o nivel do zoom.

Para obter máis información acerca do GoldWave e das ordes do teclado, consulta o Manual do GoldWave.

Nota: Requírese GoldWave 6 ou posterior.

Versión 23.02

  • Require NVDA 2022.4 ou posterior.
  • Requírese Windows 10 21H2 (Actualización de novembro de 2021/compilación 19044) ou posterior.

Versión 23.01

  • Require NVDA 2022.3 ou posterior.
  • Requírese Windows 10 ou posterior xa que Windows 7, 8, e 8.1 xa non se soportan dende Microsoft dende xaneiro do 2023.

Versión 22.03

  • Require NVDA 2021.3 ou posterior.
  • Amosarase unha mensaxe de advertencia ó tratar de instalar o complemento en Windows 7, 8, e 8.1.

Versión 21.10

  • Requírese NVDA 2021.2 ou posterior debido a cambios en NVDA que afectan a este complemento.
  • En GoldWave 6.57 e posterior, NVDA xa non repetirá o nome do arquivo cargado ó premer as teclas de reproducir/rebobinar/deter.

Versión 21.06

  • Resoltas varias incidencias adicionais de estilo do código e erros potenciais con Flake8.

Versión 20.06

  • Resoltas varias incidencias de estilo do código e erros potenciais con Flake8.

Versión 20.04

  • Engadida mensaxe de axuda para o atallo de tempo restante (NVDA+Shift+R).
  • O atallo conmutar anunciado de ordes (NVDA+Shift+C) amosarase na categoría "GoldWave" no diálogo Xestos de entrada de NVDA.

Versión 20.01

  • Require NVDA 2019.3 ou posterior.

Versión 19.11

  • Requírese Windows 7 SP1, GoldWave 6.x, e NVDA 2019.1, ou posteriores.
  • Engadida mensaxe de axuda para a ventá de son (accesible se o complemento Control Usage Assistant está instalado).

Versión 18.12

  • NVDA xa non parecerá non facer nada ni reproducirá tons de erro ao executar certas ordes de GoldWave co anunciado de ordes establecido en desactivado (isto podería resultar en comportamentos aleatorios en certos casos).
  • Trocos internos para soportar versións futuras de NVDA.

Versión 18.07

  • Arranxado un erro polo que os ceros á esquerda non se amosaban ó obter o tempo restante para unha pista.

Versión 17.05

  • Engadida a capacidade de proporcionar información de depuración cando o NVDA está en execución co rexistro de depuración habilitado (NVDA 2017.1 ou posterior).
  • Traduccións actualizadas.

Versión 16.12

  • O esquema da versión agora é ano.mes en lugar de maior.menor.

Cambios para 4.0

  • O repositorio do complemento moviuse a GitHub (localizado agora en https://github.com/josephsl/goldwave).
  • Melloras de rendemento ao buscar información coma nome do canal e outra información de estado.

Cambios para 3.0

  • Engadida unha orde para anunciar o tempo restante para a pista actual (NVDA+Shift+R).
  • Lixeiras melloras ó anunciar información de estado como a información da canle.

Cambios para 2.0

  • Soporte para GoldWave 6, incluíndo versión de 64 bits do GoldWave (mira a nota arriba).
  • A axuda do complemento agora pode acesarse dende o Administrador de Complementos (NVDA 2014.3 e superiores).
  • NVDA agora anuncia canle seleccionado se premes ordes de selección de canle, como Control+Shift+L para a canle esquerdo.
  • Correxíronse varios problemas con campos de edición numéricos, como o campo de censor e o selector de tempo no diálogo de mezcla, incluíndo a selección de texto , actualización de valores e así por diante.
  • A opción da orden de anunciado lembrarase cando se cambie a outros programas .

Cambios para 1.2

  • Solucionouse un problema polo que o NVDA tiña dificultades anunciando algúns campos de edición.
  • Traduccións novas e actualizadas.
  • Por favor ten en conta que debido a cambios recentes no NVDA, a selección de audio e outras ordes de estado poderían non funcionar como se esperaba nalgúns sistemas.

Cambios para 1.1

  • Soporte para o anunciado de mesaxes en braille.
  • O resumo da selección de audio preséntase en máis linguas que no inglés.
  • Engádense máis ordes incluindo o anunciado do movemento da posición do sinal e operacións de borrado/recorte.
  • Correxido un problema en campos de edición numéricos, como varios diálogos de efectos nos que non se anunciaba nada ou o nome dos campos incorrectos.
  • Traduccións novas e actualizadas.

Cambios para 1.0

  • Versión inicial.