IndentNav

Este complemento permite aos usuarios do NVDA navegar por nivel de sangría ou por intervalos de liñas ou parágrafos. En navegadores permite atopar parágrafos rápidamente co mesmo intervalo dende a marxe esquerda da pantalla, como por exempro os comentarios de primeiro nivel nunha árbore xerárquica de comentarios. Tamén mentres se edita código fonte en moitas linguaxes de programación, permite saltar entre as liñas do mesmo nivel de sangría, así como atopar rápidamente liñas con maior ou menor nivel de sangría.

Uso en navegadores

IndentNav pode usarse para navegar por intervalos dende a marxe esquerda da pantalla. En particular, podes premer NVDA+Alt+Frecha Abaixo ou Frecha Arriba para saltar ao parágrafo seguinte ou anterior que teña o mesmo intervalo. Por exempro, esto pode seren útil ao navegar por árbores xerárquicas de comentarios (ex.: en reddit.com) para saltar entre comentarios de primeiro nivel e omitir todos os comentarios de nivel superior.

En senso estricto, IndentNav pode usarse en calquera aplicación, para a que NVDA proporcione un interceptor do obxecto árbore.

Teclas rápidas:

  • NVDA+Alt+Frecha Arriba ou Abaixo: Salta ao seguinte parágrafo co mesmo desprazamento.
  • NVDA+Alt+Frecha Esquerda: Salta ao anterior parágrafo con menor desprazamento.
  • NVDA+Alt+Frecha Dereita: Salta ao seguinte parágrafo con maior desprazamento.

Uso en editores de texto

IndentNav tamén pode seren útil para editar código fonte en moitas linguaxes de programación. Linguaxes coma Python requiren que o código fonte sexa apropiadamente sangrado, mentres que en moitas outras linguaxes de programación é altamente recomendado. Co IndentNav podes premer NVDA+Alt+Frecha abaixo ou Frecha Arriba para saltar á liña seguinte ou anterior co mesmo nivel de sangría. Tamén podes premer NVDA+Alt+Frecha esquerda para saltar a unha liña pai, que é unha liña anterior co nivel de sangría menor. En Python podes atopar sinxelamente a definición da función ou da definición de clase actual. Tamén podes premer NVDA+Alt+Frecha dereita para ir ao primeiro fillo da liña actual, que é a seguinte liña co nivel de sangría maior.

Se o teu NVDA está configurado para expresar a sangría da liña con tons, entón IndentNav reproducirá rápidamente os tons de todas as liñas omitidas. Pola contra, so cremitará para indicar aproximadamente o número de liñas omitidas.

Teclas rápidas:

  • NVDA+Alt+Frecha Arriba ou Abaixo: Salta á liña anterior ou posterior coa mesma indentación.
  • NVDA+Alt+Ctrl+Frecha Arriba e Abaixo: Salto forzado á liña anterior ou posterior coa mesma indentación. Saltarase a outros bloques de indentación, como poden ser outras funcións Python, se é necesario.
  • NVDA+Alt+Frecha esquerda: Salta á pai (ésta é a anterior liña con menor nivel de indentación).
  • NVDA+Alt+Frecha dereita: Salta á primeira filla (ésta é a próxima liña con maior nivel de indentación).

Historial de liberacións

  • v1.2
    • Engadido soporte para internacionalización.
    • Engadidos encabezados da GPL nos arquivos fonte.
    • Minor fixes.
  • v1.1
    • Initial release.