instantTranslate

Este complemento utilízase para traducir texto seleccionado e/ou do portapapeis dunha lingua a outra. Isto faise utilizando o servizo Google Translate.

Configurando linguas

Para configurar a lingua orixe, o destiño e, no seu caso, o intercambio, vai ó: Menú NVDA >> Preferenciass >> Opcións de Instant Translate.

Hai dúas caixas combinadas etiquetadas "Lingua de orixe" e "Lingua destiño", e unha caixa de verificación para decidir se debe copiar a traducción ó portapapeis.

Ademáis, se seleccioaches a opción auto (l primeira elección) dende a caixa combinada "Lingua de Orixe", tamén hai unha caixa combinada etiquetada "Lingua para intercambiar" e unha caixa de verificación acerca do auto intercambiado.

O sentido das dúas primeiras caixas combinadas e da caixa de verificación para copiar é craro, pero son necesarias algunhas palabras acerca do resto. Lembra sempre que as explicacións de máis abaixo asumen a lingua orixe axustada á opción auto.

A caixa combinada "Lingua para Intercambiar" é útil cando intercambias a través dun script (consulta máis abaixo) a lingua orixe e a destiño; de feito, unha lingua destiño axustada á opción auto non ten sentido, así o complemento axústao ó valor da caixa combinada anterior.

Así, imaxina esta situación: normalmente traduces ó inglés (a túa lingua principal), pero ás veces(por exemplo, cando escribes un documento) necesitas traducir ó italiano (a túa segunda lingua, supoñendo tal); podes axustar a caixa combinada "Lingua para intercambiar" a Italiano, así traducirás dende o inglés ó Italiano sen acceder directamente ás opcións do complemento. Obviamente esta función ten unha maior ou menor utilidade dependendo das túas necesidades máis frecuentes.

Agora, a caixa de verificación auto intercambiar: aparece se, e só se axustas a opción auto na caixa combinada "Lingua de orixe", e está conectada directamente ca caixa combinada "Lingua para intercambiar". Se a activas, entón o complemento intenta conmutar automáticamente dende a túa configuración orixe e destiño a unha configuración onde o destiño ven ser a lingua orixe, e a lingua seleccioada na caixa combinada "Lingua para Intercambiar" é a nova lingua destiño; extremadamente útil se a lingua orixe do texto que queres traducir é a lingua destiño.

Un exemplo sinxelo: ten novamente en conta a situación imaxinada previamente; se traduces un texto nunha lingua diferente do inglés, non hai problemas, obtés a traducción correcta en inglés. Pero se necesitas traducir un texto do inglés, normalmente obtés unha traducción ó inglés idéntica ó texto orixinal, e esto é un pouco inútil. Gracias á función de auto-intercambiar, sen embargo, asumindo que queres saber cómo soa o teu texto en Italiano, o complemento conmuta automáticamente a lingua destiño ó Italiano, tal que devolve unha traducción válida.

De todos os xeitos, ésta é unha configuración temporal; se esta opción non ten efecto (é experimental), tenta conmutar manualmente a unha configuración estable, utilizando o xesto para intercambio descrito máis abaixo. É experimental porque nalgunhas situacións (con textos curtos, tipicamente), Google non recoñece a lingua orixe real correctamente, e tes que intercambiar linguas manualmente a través de script, así forzas á lingua orixe a ser a lingua destino anterior (inglés no noso exemplo).

Cando menos, no diálogo de opcións de parámetros de voz (Menú NVDA >> Preferencias >> Voz), poderías querer marcar a opción "Cambio automático de lingua (cando se soporte)". Deste xeito, se utilizas un sintetizador multilingüe, a tradución anunciarase utilizando a voz do sintetizador no idioma de destino.

Utilizando

Podes utilizar este complemento de tres xeitos:

  1. Selecciona texto usando as ordes de selección(shift con teclas de frecha, por exemplo) e preme a tecla asociada para traducir. A continuación, a traducción da cadea será lida co sintetizador que esteas utilizando.
  2. Tamén podes traducir texto dende o portapapeis.
  3. Preme a tecla de orde adicada para traducir o último texto falado.

Atallos de teclado

Todas as ordes que siguen deben premerse despois da tecla modificadora "NVDA+Shift+t":

  • T: Traduce o texto seleccioado,
  • Shift+t: traduce o texto dende o portapapeis,
  • S: intercambia idiomas orixe e destiño,
  • A: anuncia a configuración actual,
  • C: copia o derradeiro resultado ó portapapeis,
  • I: identifica a lingua do texto seleccioado,
  • L: traducir o último texto falado,
  • O: abrir o diálogo de opcións do complemento
  • H: anuncia todas as ordes en capa dispoñibles.

Trocos para 4.4.3

  • Engadida a posibilidade de reemprazar guión con espazos, podería proporcionar mellores resultados de tradución dependendo do contexto (grazas a Beka Gozalishvili)
  • Engadida compatibilidade con NVDA 2022.1.

Trocos para 4.4.2

  • Restaurada a detección de idioma e o intercambio automático (grazas a Cyrille polo arranxo)
  • actualizadas linguas de tradución (grazas a Cyrille)

Cambios para 4.4

  • Instant Translate é agora compatible con NVDA 2019.3 (versións Python 3 de NVDA)

Trocos para 4.3

  • arranxo de compatibilidade con nvda Agora Instant Translate será compatible coas últimas versións de NVDA.
  • atopado un xeito para utilizar google como un servizo de tradución de novo.

Trocos para 4.2

  • Restaurado o estado de traballo con versións máis recentes de NVDA.
  • Restaurada a detección automática de lingua.

Cambios para 4.1

  • InstantTranslate funciona de novo, agora co servizo de tradución Yandex en lugar de Google.

Cambios para 4.0

  • Realízase automáticamente a tradución despois de intercambiar.
  • Correxido o fallo do Caché.

Cambios para 3.0

  • Cambia o xeito de cómo se usan os atallos de teclado, agora podes premer a tecla modificadora do instantTranslate "NVDA+Shift+t", e entón letras soas para realizar algunha acción (Mira todas as ordes na sección "Atallos de teclado").
  • Implementado o intercambio de linguas.
  • Formato de configuración cambiado, agora podemos cambiar as opcións do instant translate se estamos nun panel de só lectura, pero lembra que esto funcionará antes do primeiro reinicio do NVDA.
  • Eliminado o límite da cantidade de texto que pode ser traducido.
  • Engadido un atallo de teclado ó elemento de menú Opcións do Instant Translate
  • A opción auto atópase agora na primeira posición na caixa combinada de orixe, e ausente na caixa combinada de destiño.
  • Engadida unha caixa de verificación para configurar o copiado dos resultados da traducción.
  • Almacenar o ficheiro config na raíz da carpeta de configuracións.
  • As linguas orixe e destiño sincronizáronse co que actualmente expón Google Translate (22 Apr 2015).

Cambios para 2.1

  • Agora o complemento pode traducir texto dende o portapapeis cando se prema NVDA+shift+y.

Cambios para 2.0

  • Engadida unha Interface Gráfica de Usuario para o configurador onde podes escoller as linguas de orixe e de destiño.
  • Engadido un elemento de menú ó complemento que se atopa no menú preferencias.
  • As configuracións agora escríbense nun ficheiro config separado.
  • Os resultados da traducción cópianse agora automáticamente no portapapeis para manipulacións futuras.

Cambios para 1.0

  • Versión Inicial.