Complemento do NVDA para LAMBDA

Este proxecto é un módulo de aplicación para a aplicación Lambda. foi inspirado polo traballo de Peter Lecky na Comenius University. LAMBDA (Linear Access to Mathematic for Braille Device and Audio-synthesis, acceso lineal ás matemáticas mediante pantallas braille e síntesis de fala) é un programa que axuda ás persoas cegas a eer e escribir matemáticas utilizando unha pantalla braile e/ou un sintetizador de audio. LAMBDA é o resultado dun proxecto EU. Para máis información acerca de LAMBDA por favor visite https://www.lambdaproject.org/.
A versión actual deste complemento ten táboas braille só para as linguas italiana e española pero a súa interface está dispoñible na maioría de idiomas oficiais do NVDA, debido a que o complemento é traducido pola comunidade de tradutores do NVDA. Se é vostede un usuario non italiano de LAMBDA e gostaríalle contribuír con traducións na súa lingua, síntase libre de contactar ao autor (consulte embaixo) ou subscribirse á lista de correo do proxecto.

Nota: Este complemento foi desenvolvido por Alberto Zanella como unha actividade voluntaria. Nin o autor nin os contribuíntes están relacionados coa venda ou co desenvolvemento do programa LAMBDA. Se quixese obter máis información sobre LAMBDA, reportar problemas ou obter soporte, por favor contacte co seu distribuidor local (en España, ONCE-CIDAT). Se está atopando dificultades usando ou instalando este complemento, por favor contacte co autor ou utilice a liga "Issues" (erros) dispoñible na páxina do proxecto en Github.

Repositorio Oficial en GitHub

Características do complemento:

Soporte para fala:

  • Infórmase dos menús e diálogos correctamente;
  • Soporte para fala natural das fórmulas matemáticas utilizando o motor interno de LAMBDA (p.ex. "raíz composta 3 de raíz composta 3 x máis 24, fin da raíz, menos 3 igual 0");
  • lectura por carácter, palabra, liña e Verbalizar Todo implementada;
  • Fala cando un bloque de texto está seleccionado ou é estendido (utilizando CTRL+B e SHIFT+CTRL+B);
  • Fala ao moverse polo texto con comandos de Windows e con comandos específicos do Lambda;
  • Tanto o modo de fala curto coma o estendido están soportados (pode establecelo utilizando o menú Ferramentas de LAMBDA);
  • Xanelas de diálogos especiais como a do modo estrutura, a calculadora, e a de matriz son agora correctamente reportadas e NVDA le correctamente ao mover o cursor por elas ou ao introducir texto;
  • O eco de escritura utiliza o procesador de texto de Lambda, de xeito que se informará correctamente de símbolos e marcadores.

Soporte para Braille:

  • O complemento instala (dentro do directorio de perfil de usuario) e activa un perfil de NVDA cunha táboa braille. Esta táboa pode diferir entre distintas linguas. A táboa foi construída dende a presente nos scripts de Jaws para LAMBDA (arquivo jbt). Entón os símbolos e marcadores son representados mediante os mesmos patróns de puntos;
  • O complemento crea un perfil de configuración e establece a configuración de braille estándar. De xeito que a saída á táboa braille personalizada só está establecida cando LAMBDA está activo;
  • Os diálogos e menús son correctamente braillificados;
  • O contido do editor é correctamente adaptado para braille e o usuario pode moverse usando as teclas de desprazamento braille e de ruta do cursor;
  • Comezando na versión do complemento 1.1.0 existen dúas formas nas cales o contido é representado: "Modo plano" e "Modo non plano". Cando o "Modo plano" está activado, NVDA utilizará o Modelo de Mostrado para obter o contido dende Lambda e para determinar a posición do cursor braille. Isto é especialmente beneficioso cando o usuario necesita moverse pola pantalla, incluso polos espazos en branco do editor. Cando o "Modo plano" está estabelecido a "Desactivado", a representación do texto na pantalla braille é máis estable, xa que NVDA utiliza Windows API para obtela. De xeito que, cando o usuario se move entre espazos en branco o cursor na pantalla braille non seguirá ao cursor real ata que un espazo non en branco sexa inxerido polo usuario.

O "Modo plano" está activo por defecto. Pode alternar o "Modo plano" entre activado e desactivado premendo NVDA+SHIFT+F.

Recoméndase encarecidamente deshabilitar o "Modo plano" cando se utilice DPI personalizado en Windows (opción de Tamano personalizado), e especialmente cando se ten unha configuración de pantalla de máis de 96 DPI (máis longo que 100%).

  • A estrutura dos cadros de diálogo é máis sinxela, eliminando información repetida;
  • A selección é marcada correctamente utilizando os puntos 7 e 8, e correctamente refrescada ao premer comandos estándar de Windows (SHIFT+FRECHAS) ou comandos específicos de Lambda (CTRL+B, CTRL+SHIFT+B).

Antes de empezar a usar este complemento.

Este complemento crea un perfil de NVDA nomeado como "lambda" que está asociado coa aplicación lambda.exe. Este perfil está configurado con todas as opcións no que ás opcións braille, á táboa braille personalizada, á localización do foco e ás opcións do modo plano se refire.

Se un perfil previamente existente co mesmo nome está presente no seu sistema, non será sobrescrito e deberá axustar manualmente o perfil de configuración.

Para saír desta situación, se ten configuracións espcíficas que lle gostaría preservar, pode utilizar o "Asistente de Reversión do perfil LAMBDA". O atallo para abrir esta ferramenta é NVDA+alt+r (cando se está dentro de LAMBDA).

Unha opción fácil é tamén borrar vellas versións do perfil "lambda" despois da instalación do complemento. Para facer isto, abra o menú de NVDA, seleccione o elemento de menú "Configuración de perfís" e prema ENTER.

No diálogo de Configuración de perfís, poderá localizar e borrar o perfil "lambda". O perfil será criado novamente a vindeira vez que se inicie Lambda.

Eliminar o perfil "lambda" debería de ser unha solución fácil tamén cando atope algún fallo que "apareza" nalgún punto mentres se utilice o complemento. Por exemplo, se a táboa braille non está correctamente estabelecida, no lugar de configurar manualmente o perfil pode simplemente borralo. O complemento criará un novo a vindeira vez que abra o editor Lambda.

Cada vez que o editor Lambda é arrincado, o complemento verifica se existe un perfil co nome "lambda". Se non existe crea automaticamente un perfil coa seguinte forma:

nome de arquivo : userData\profiles\lambda.ini :

[braille]
    readByParagraph = False
    tetherTo = focus
    translationTable = path-to-the-addon-brailleTable-dir\tableName

Onde :

  • path-to-the-addon-brailleTable-dir : É a ruta absoluta do directorio do complemento + "\brailleTables"
  • tableName : Depende do idioma seleccionado. Actualmente as táboas braille italiana e española, "lambda-ita.utb" e "lambda-esp.utb" respectivamente, están presentes.

Atallos de Teclado do Complemento:

  • NVDA+Shift+f: Alterna o modo plano do braille entre activado e desactivado;
  • NVDA+alt+r: Abre o "Asistente de Reversión do Perfil LAMBDA";
  • NVDA+d: duplicar liñas (úseo en lugar de ctrl+d).

Erros coñecidos:

Debido a un erro presente no LAMBDA, o complemento proporciona unha lóxica adicional que informa dos espazos en branco. Esta lóxica pode fallar nas seguintes situacións:

  • Cando palabras coma "space", "spazio", "espacio", etc. son inxeridas no texto, éstas poden ser reportadas polo NVDA no idioma do usuario.
  • As liñas en blanco non son reportadas polo motor da fala de LAMBDA. O usuario oirá a tradución da palabra "espazo" no seu lugar. Isto podería ser tanto unha liña en branco coma unha liña contendo soamente a palabra "espazo".

Consellos útiles

Este é un conxunto de consellos que lle axudará a utilizar o complemento dun xeito máis eficiente.

  • Lectura caracter por caracter: normalmente, cando está escribindo matemáticas gústalle que NVDA diga aquilo que está escribindo caracter por caracter. Para facer isto, hai uns cantos simples pasos: asegúrese de ter focalizada a xanela de LAMBDA ou unha das súas variantes (a representación en seis puntos, por exemplo); prema NVDA+2 (número dous) ou navegue a menú NVDA>Preferencias>Opcións de teclado e marque a casilla para reportar caracteres ao escribir; diríxase a LAMBDA>Herramientas>Parámetros de voz (Ferramentas>Parámetros de voz) e asegúrese de que a casilla "Eco" está marcada, doutro xeito NVDA non recibirá nada do motor da voz mentres vostede escribe. E feito, NVDA lerá os caracteres escritos, pero non se preocupe, só en LAMBDA, os axustes doutras aplicacións serán deixados como estaban.

Rolda de correo do complemento:

Para reportar erros, suxestións ou se simplemente quere contribuír pode subscribirse ao Grupo do complemento (en inglés). Pode subscribirse a través da seguinte páxina web: https://groups.io/g/lambda-nvda.

Rexistro de trocos

Embaixo atópase unha lista de cambios entre as diferentes versións do complemento. A carón do número de versión, entre parénteses, atópase o estado de desenvolvemento. A versión actualmente en desenvolvemento non se inclúe xa que podería haber cambios ata que ésta sexa marcada coma estable ou descartada coma candidata.

Versión 1.3.0 (estable)

  • Soporte para a última versión do NVDA (Soporte para Python 3)
  • Resolto un problema ao premer o comando duplicar liña NVDA+d nunha liña en branco que causaba que se pegase o contido do portapapeis. Agora cando premas NVDA+d estando nunha liña en branco, aparece unha nova liña en branco como se agarda.

Versión 1.2.2 (estable)

  • Mellorada a compatibilidade con WX Python versión 4 (introducido con NVDA 2018.3). Xa non se mostra a advertencia relativa a wx.newId() no rexistro de depuración.
  • Implementado guiHelper para mellorar a aparencia dos diálogos.
  • Novas linguas. Traducións actualizadas.

Versión 1.2.1a (estable)

Esta actualización foi concebida coma unha versión con soporte durante largo tempo. Isto quere dicir que ata, alomenos, xuño do 2018, non está previsto que se libere unha versión tan estable coma ésta. Facemos isto para proporcionar aos estudantes máxima estabilidade e para minimizar os trocos durante o curso académico.

  • Novas linguas. Traducións actualizadas.

Versión 1.2.1 (estable)

  • Engadida compatibilidade coa maneira que NVDA 2017.3 utiliza para administrar o braille. Compatibilidade con versións antigas mantida.
  • arranxadas varias incidencias en relación co braille.

Versión 1.2.0 (desenvolvemento)

Esta versión non foi publicada coma estable porque a 1.2.1 incluía arranxos importantes.

  • Novas linguas. Traducións actualizadas.

Versión 1.1.8 (estable)

  • Primeira versión estable.