mIRC

Esta é unha versión mellorada do app module para o mIRC que ven co NVDA.

descripción do complemento:

Este complemento é unha versión mellorada do App Module para o mIRC incluido no NVDA.

  1. O navegador de obxectos do NVDA agora colócase automáticamente na ventá de saída do mIRC para facer máis sinxela a súa revisión.
  2. Dúas teclas rápidas novas (NVDA-8 e NVDA-9) conmutan as opcións de "interrupción da voz para carácteres ao se escrebir" e a "interrupción da voz para a tecla intro" respectivamente.
  3. Adicionalmente, NVDA-Intro e Intro do teclado numérico porán o navegador de obxectos do NVDA na derradeira liña de texto na ventá de saída e falarana.
  4. As opcións "anunciar cambios de contido dinámico", "cursor do sistema move ao cursor de revisión", "interrumpción da voz ao se escrebir carácteres", e "interrupción da voz para a tecla Intro" agora gárdanse automáticamente nun ficheiro especial de configuración cando a ventá do mIRC perda o foco e restáuranse cando o reciba de novo.

Nota: a opción "anunciar cambios de contido dinámico" do NVDA habilítase por defecto. Se usas un sistema de voz para o mIRC coma Talking IRC ou mIRC With Speech, desactiva esta opción coa tecla rápida NVDA-5 para previr que as liñas entrantes se falen dúas veces.