Mush Client

Este complemento mellora ao mush Client para utilizalo co NVDA.

Descripción do complemento:

Este complemento proporciona as melloras de accesibilidade seguintes para o Mush Client:

  1. O navegador de obxectos do NVDA agora ponse automáticamente na ventá de saída do Mush Client para facer que a revisión da mesma sexa máis sinxela.
  2. Dúas teclas rápidas novas (NVDA-8 e NVDA-9) conmutan as opcións "interrupción da voz para os caracteres escritos" e "interrupción da voz para a tecla Intro" respectivamente.
  3. Adicionalmente, NVDA-Intro e Intro do teclado numérico porán o navegador de obxectos do NVDA na derradeira liña de texto na ventá de saída e falarana.
  4. As opcións "anunciar cambios do contido dinámico", "cursor do sistema move ao cursor de revisión", "interrumpción da voz ao escribir carácteres", e "interrupción da voz para a tecla Intro" agora gárdanse automáticamente nun ficheiro especial de configuración cando a ventá do Mush Client perda o foco e restáuranse cando o reciba de novo.

Nota: xa que a maioría da xente utilizará Mush Client cun plugin de voz para autofalar o texto entrante, a opción do NVDA "Anunciar Cambios para o Contido Dinámico" desactívase por omisión para evitar a fala das liñas entrantes dúas veces. Se queres encender a fala automática de liñas de entrada polo NVDA, activa esta opción coa tecla rápida NVDA-5.