ObjPad

Este complemento proporciona ordes rápidas para xestionar obxectos na pantalla, incluindo a navegación e outras posibilidades.

Ordes

  • Control+NVDA+TAB: pasos a través dos modos de teclas de frechas (consulta abaixo para detalles).

Modos de teclas de frechas

O complemento proporciona catro xeitos de usar as frechas:

  • Clássico (ou modo normal): usa as frechas para mover o cursor.
  • Navegación de obxectos: usa as frechas para mover cara os obxectos seguinte/anterior/pai/primeiro fillo.
  • Web: usa as teclas de frechas para percorrer os elementos e moverse entre eles.
  • Modo escanear: usa as frechas para moverte a través dos obxectos na pantalla independentemente da xerarquía.

As seguintes ordes están dispoñibles coas frechas postas en Navegación de obxectos:

  • Frecha dereita: obxecto seguinte.
  • Frecha esquerda: obxecto anterior.
  • Frecha arriba: obxecto pai.
  • Frecha abaixo: primeiro obxecto fillo.
  • Espazo ou intro: activar.

Co modo web activo (os elementos son normal ou mover por obxecto, liga, campo de formulario, cabeceira, marco, táboa, lista, ponto de referencia):

  • Frecha dereita: elemento seguinte.
  • Frecha esquerda: elemento anterior.
  • Frecha arriba: tipo de elemento anterior.
  • Frecha abaixo: tipo de elemento seguinte.
  • Espazo ou intro: activar.

Co modo escanear activo:

  • Frecha abaixo: obxecto ou liña seguinte.
  • Frecha arriba: obxecto ou liña anterior.
  • Frecha dereita: revisar carácter seguinte.
  • Frecha esquerda: revisar carácter anterior.
  • Control+Frecha dereita: palabra seguinte.
  • Control+Frecha esquerda: palabra anterior.
  • Espazo ou intro: activar.

Version 23.05

  • To reflect the maintainer change, the manifest has been updated to indicate as such.

Versión 23.02

  • Require NVDA 2022.4 ou posterior.
  • Requírese Windows 10 21H2 (Actualización de novembro de 2021/compilación 19044) ou posterior.

Versión 23.01

  • Require NVDA 2022.3 ou posterior.
  • Requírese Windows 10 ou posterior xa que Windows 7, 8, e 8.1 xa non se soportan dende Microsoft dende xaneiro do 2023.

Versión 22.06

  • Require NVDA 2021.3 ou posterior.

Versión 21.04

  • Require NVDA 2020.1 ou posterior.

Versión 20.01

  • Require NVDA 2019.3 ou posterior.

Versión 18.12

  • Trocos internos para soportar versións futuras de NVDA.

Versión 18.09

  • Engadidas traducións.
  • A tecla intro (normal e numérica) pode usarse para activar obxectos.

Versión 18.03

  • Mellor compatibilidade con NVDA 2018.1.

Versión 16.12

  • Engadido o modo web.

Versión 16.10

  • Versión estable inicial.