OCR

Importante: se estás a usar o NVDA 2017.3 ou posterior en Windows 10, por favor considera o uso do OCR integrado no Windows 10.

Realiza recoñecemento óptico de caracteres (OCR) para extraer texto nun obxecto que sexa inaccesible. Utilízase o motor Tesseract OCR. Para realizar o OCR, móvete cara o obxecto en cuestión utilizando a navegación de obxectos e preme NVDA+r. Podes configurar a lingua de recoñecemento do OCR indo ó panel Preferencias do NVDA e seleccionando Opcións do OCR. A orde de teclas pódese reasignar no diálogo de xestos de entrada de NVDA na categoría "Miscelánea".

Rexistro de trocos:

Cambios para 2.1:

  • Cando se realiza o recoñecemento nunha caixa de edición é posible navegar por él co cursor do sistema sen sacar o foco e movelo alí de novo.
  • a información de versión de Tesseract xa non se escribe na consola enfocada.
  • Cando non se recoñece texto anúnciase ao usuario tal circunstancia.
  • Xa non é posible tentar o recoñecemento sobre un obxecto invisible.
  • Agora úsase WX para capturar imaxes no canto de Pillow.

Cambios para 2.0:

  • Compatibilidade con NVDA 2019.3 e posterior.
  • É posible establecer distintos idiomas de recoñecemento segundo o perfil de configuración.
  • As opcións do OCR agora pódense cambiar dende o diálogo de opcións de NVDA no canto de mediante un diálogo separado no menú ferramentas.