Percentage Checker

  • Authors: Original idea and code by Oriol Gómez, improvements and maintenance by Łukasz Golonka
  • descargar versión de desenvolvemento
  • Compatibilidade con NVDA: da 2019.2 á 2019.3

Este complemento permíteche verificar en que lugar - en porcentaxe - estás no texto ou nunha lista. Esta información pódese proporcionar ben mediante mensaxe falada, ben mediante un pitido. Ademais podes saltar a unha porcentaxe dada ou a un número de liña no texto.

Ordes de teclas:

  • Shift+NVDA+j: Amosa un diálogo que che permite saltar ó número de liña dado.
  • Shift+NVDA+p: Anuncia a porcentaxe do texto actual ou dunha lista. Ademais se estás nun texto a cantidade de palabras no campo falaríase. No caso dunha lista isto sería a cantidade de tódolos elementos da lista.
  • Alt+NVDA+p: Presenta a túa posición nun texto ou nunha lista como un pitido.

As dúas últimas ordes pódense premer dúas veces en sucesión rápida para amosar un diálogo que che permitirá saltar a unha porcentaxe dada nun texto. Todas estas ordes pódense reasignar dende o diálogo xestos de entrada.