Phonetic Punctuation

  • Autores: Tony Malykh
  • Download versión estable
  • Compatibilidade con NVDA: 2019.3

Puntuación fonética (Phonetic punctuation) é un complemento de NVDA que permite convertir os signos de puntuación en iconas de audio. En xeral, tamén pode convertir calquera expresión regular en iconas de audio.

Demo

Podes escoitar un exemplo de saída de fala con puntuación fonética aquí (audio de 10 segundos): https://soundcloud.com/user-977282820/nvda-phonetic-punctuation-demo

Uso

  1. Asegúrate de que o nivel de símbolos está establecido no nivel apropiado. Se non estás seguro, preme NVDA*P varias veces ata que selecciones "Nivel de símbolos toda".
  2. Asegúrate de que a puntuación fonética está habilitada. Preme NVDA+Alt+P para facelo.
  3. As regras de puntuación fonética pódense configurar nunha caixa de diálogo no menú preferencias do NVDA.
  4. Puntuación fonética vén cun conxunto de regras de audio predefinidas. Porén, só unhas poucas de entre elas están habilitadas por defecto. Podes habilitar outras regras, así como engadir novas, no diálogo de configuración.
  5. As regras de audio gárdanse nun arquivo chamado phoneticPunctuationRules.json no directorio de configuración do usuario de NVDA.

Sintetizadores de voz soportados

Puntuación fonética depende do marco de traballo de síntesis de NVDA, e a día de hoxe (outubro de 2019), non todos os sintetizadores de voz teñen soporte axeitado para as novas ordes. Isto significa que puntuación fonética pode non funcionar correctamente con algúns sintetizadores de voz.

Sintetizadores que se sabe que funcionan ben con Phonetic PUnctuation:

  • Microsoft Speech API
  • eSpeak
  • Voces Windows OneCore

Sintetizadores que se sabe que teñen problemas con PhoneticPunctuation:

  • IBMTTS: véxase esta incidencia.
  • RHVoice: Non soporta o comando de salto (break).

Información de copyright

As iconas de audio por defecto foron deseñadas por T.V. Raman e son parte de emacspeak. Para máis información, consulta: https://github.com/tvraman/emacspeak/ .