Soporte proxy para NVDA
- Autor: Jose Manuel Delicado
- NVDA compatibility: 2023.3.4 and beyond
- Descargar versión estable
Este complemento permite ó lector de pantallas NVDA conectarse á Internet a través dun ou máis servidores proxy. Para que isto sexa posible, aplica varios parches á librería estándar de Python ou modifica certas variables de entorno, dependendo da configuración escollida. Poderás actualizar NVDA e os seus automaticamente dende o teu entorno corporativo e mesmo realizar sesions remotas, sempre que o servidor proxy da túa organización as permita.
Características
- Soporte para varios tipos de servidor proxy: http, socks4 e socks5.
- Capacidade de redirixir todo o tráfico a través do servidor proxy ou só tráfico específico (http, https, ftp).
- Capacidade para redirixir todo o tráfico a través dun servidor proxy e, despois, redirixir tráfico específico a través doutros servidores (proxys anidados).
- Sensible a trocos de perfil e restablecementos de configuración: se normalmente traballas cunha copia portable de NVDA, podes crear varios perfís para diferentes entornos (casa, traballo, oficina1, oficina2) e activalos manualmente.
Uso
Este complemento engade unha nova categoría ó diálogo de opcións de NVDA chamada "Proxy". Nesta categoría, atoparás catro grupos de axustes. O primeiro permíteche configurar un proxy xeral para todo o tráfico. Os outros grupos permítenche configurar só para protocolos específicos. todos os grupos teñen os seguintes campos:
- Servidor: nome de servidor ou enderezo IP do servidor proxy. déixao en blanco para deshabilitar ese proxy en concreto.
- Porto: porto do servidor.
- Nome de usuario: opcional. Nome de usuario para autenticación no servidor.
- Contrasinal: opcional. contrasinal para a autenticación no servidor. Ten en conta que o contrasinal non se require en servidores socks4.
Ademais dos anteriores campos, están dispoñibles as seguintes opcións no primeiro grupo de axustes:
- Tipo de servidor SOCKS: pódese seleccionar socks4, socks5 ou http.
- Utilizar proxy para solicitudes DNS cando sexa posible: cando esta caixa estea marcada, os nomes de servidor ou de dominio enviaranse a e resolveranse directamente no servidor proxy. Cando estea desmarcada, os nomes resolveranse localmente e o servidor recibirá só o enderezo IP de destino. Ten en conta que non todos os servidores socks4 soportan esta opción.
Normalmente, a maioría de usuarios só terán que configurar o primeiro grupo de axustes. Se non coñeces os detalles do teu proxy, consulta ó administrador da rede da organización para máis información.
Limitacións
- Soporte IPV6 moi limitado.
- O tráfico UDP non está soportado en ningún dos servidores proxy.
- Bibliotecas DLL externas non respectarán os axustes configurados neste complemento.
- Só se soporta autenticación básica en servidores proxy http. Non se soporta autenticación digest.
- Para redirixir todo o tráfico (incluíndo conexións https) a través dun proxy http, o servidor debe soportar o método http CONNECT.
- Non se pode configurar un modo de "conexión directa". Se deshabilitas un proxy en específico, utilizarase o predeterminado do sistema.
Rexistro de trocos
Versión 1.2
- Compatible con NVDA 2023.1.
- Por razóns de seguridade, a versión mínima de NVDA establécese na 2022.4.
- Traducións actualizadas.
Versión 1.1
- Compatible con NVDA 2022.1.
- Por razóns de seguridade, a versión mínima de NVDA establécese na 2021.3.
- Parecheada a función socket.getaddrinfo cando a caixa de verificación "Utilizar proxy para solicitudes DNS cando sexa posible" estea marcada e se configure un proxy general.
Versión 1.0
- Publicación inicial.