Quick Dictionary

Bendido ao complemento de NVDA Quick Dictionary, que che permitirá obter unha entrada de dicionario rapidamente coa tradución dunha palabra ou frase na lingua da túa escolla premendo unha combinación de teclas. Hai poucas ordes de teclas básicas e e todas son intuitivas e axeitadas, polo que te lembrarás delas rapidamente.

As entradas de dicionario conteñen información detallada sobre unha palabra, como pronuncia, xéneros, plural ou singular, opcións de tradución, lista de significados, sinónimos e exemplos detallados. Tal información será útil para xente que estea aprendendo linguas estranxeiras, ou persiga utilizar na súa comunicación toda a riqueza e diversidade da súa lingua propia.

O complemento soporta varios servizos de dicionario en liña. Podes seleccionar o dicionario remoto desexado na caixa de diálogo correspondente ou utilizando atallos de teclado. Cada servizo dispoñible ten o seu propio panel de opcións.

Tamén hai oportunidades avanzadas para traballar con perfís de voz. Podes asociar un perfil de voz cunha lingua concreta, despois as traducións nesta lingua poranas en voz o sintetizador seleccionado.

A continuación están tódalas características do complemento e atallos de teclado para controlalo. Por defecto todas as funcións chámanse utilizando comandos en dúas capas. Mais para calquera destes métodos podes asignar atallos máis convenientes para ti. Podes facelo no diálogo de NVDA en "Preferencias" > "Xestos de entrada...".

Recibindo unha entrada de dicionario

Para obter unha entrada do dicionario, primeiro debes seleccionar a palabra na que estás interesado ou copiala ao portapapeis. Despois só preme NVDA+Y dúas veces. Tamén hai outra forma de obter unha entrada de dicionario: premer NVDA+Y cambia o teclado ao modo de control do complemento, despois tan só usa a tecla D.

Modo de control do complemento

Para acceder a tódalas características do complemento, necesitas cambiar ó modo de control do complemento, podes facelo premendo NVDA+Y unha vez. Oirás un pitido baixo e curto e poderás utilizar as ordes de teclas descritas a cotninuación. Cando premas unha tecla que o complemento non utilice, oirás outro sinal notificándoche dunha orde errónea e o modo de control do complemento apagarase automaticamente.

Lista de ordes do complemento

Ordes básicas de dicionario:

  • D - anunciar unha entrada do dicionario para unha palabra ou frase seleccionada (o mesmo que NVDA+Y);
  • W - amosar entrada de dicionario nunha xanela navegable separada;
  • S - intercambiar idiomas e obter tradución de Quick Dictionary;
  • A - anunciar linguas de orixe e destino actuais;
  • C - copiar a última entrada de dicionario ao portapapeis:
  • E - editar texto antes de envialo;
  • U - descargar do dicionario en liña e gardar a lista actual de linguas dispoñibles;
  • teclas de función - seleccionar servizo de dicionario en liña;
  • Q - estatísticas sobre o uso do servizo en liña;
  • F - escoller servizo en liña.

Administración de perfís de voz:

  • de 1 a 9 - selección do perfil de voz;
  • g - anunciar o perfil de voz seleccionado;
  • B - volver ao sintetizador de voz anterior;
  • R - restaurar sintetizador de voz anterior;
  • Suprimir - eliminar o perfil de voz seleccionado;
  • V - gardar perfil de voz seleccionado;
  • P - amosar unha lista de todos os perfís de voz persoalizados.

Preme O para abrir o diálogo de opcións do complemento.

Axuda sobre os atallos do complemento

Podes ver unha lista de todos os atallos utilizados no complemento como segue:

  • A través do menú NVDA - premendo NVDA+N, vai ó submenú "Ferramentas", logo
    • "Quick Dictionary" e activa o elemento de menú "Help on add-on commands" (Axuda sobre os atallos do complemento).
  • Preme a tecla H en modo de control do complemento (NVDA+Y).

Axuda do complemento

Para abrir a axuda do complemento - Preme NVDA+N, vai ó submenú "Ferramentas", logo - "Quick Dictionary" e activa o elemento de menú "Help" (Axuda).

Contribucións

Estamos moi agradecidos a todos aqueles que fixeron o esforzo de desenvolver, traducir e manter este complemento:

  • Cagri Dogan - tradución ó turco;
  • Wafiqtaher - tradución ó árabe.

Utilizáronse varias boas solucións doutros desenvolvementos no complemento Quick Dictionary. Grazas ós autores dos seguintes complementos:

  • Instant Translate - Alexy Sadovoy, Beqa Gozalishvili, Mesar Hameed, Alberto Buffolino e outros contribuíntes de NVDA.
  • Para traballar con perfís de voz utilizouse a idea do complemento Switch Synth (grazas a Tyler Spivey).

Rexistro de trocos

Versión 2.1

  • engadido un diálogo para editar o texto antes de envialo ao servizo remoto;
  • separada a páxina de axuda do complemento do leme;
  • engadida tradución ó turco (grazas a Cagri Dogan).

Versión 2.0

  • engadida a posibilidad de conectar outros servizos de dicionario en liña;
  • engadido o servizo Lexicala e o seu panel de opcións;
  • engadido un diálogo para escoller un servizo en liña dende a lista de servizos dispoñibles;
  • engadido un atallo para obter información sobre o servizo seleccionado;
  • engadido un diálogo para traballar con perfís de voz;
  • implementado o procedemento para cambiar ao anterior sintetizador de voz;
  • implementado un fío paralelo para monitorizar o estado do sintetizador;
  • debido a un incremento no número de funcións do complemento - a axuda de atallos do complemento amósase agora nunha xanela separada;
  • actualizado o procedemento para gardar solicitudes a servizos en liña en caché;
  • engadido o submenú do complemento ao menú NVDA;
  • actualizado leme.

Versión 1.2

  • engadida a posibilidad de alternar automaticamente sintetizadores de voz para lingua seleccionadas;
  • engadida a posibilidade de descargar a lista actual de linguas dispoñibles no dicionario en liña;
  • engadida tradución ó turco grazas a Cagri Dogan.

Versión 1.1

  • cambiadas varios atallos de teclado que facían conflito con outros complementos:
  • cambiada a descrición das características principais do complemento;
  • actualizadas a axuda e a tradución do complemento;
  • eliminadas algúns atallos de teclado e proporcionada a posibilidade ao usuario de establecelas por sí mesmo;
  • arranxado un erro na tradución ao ucrainiano (thanks to Volodymyr Perig);
  • engadida tradución ó ruso.

Version 1.0: implementación das características

  • execución de solicitudes ao servidor remoto nun fío separado para evitar bloquear o funcionamento de NVDA;
  • sinais mentres se agarda a resposta do servidor;
  • caché das últimas 100 solicitudes para reducir a carga no servizo de dicionario remoto;
  • cambio a modo de control do complemento;
  • posibilidade de utilizar un servidor alternativo;
  • diálogo de opcións do complemento.