Report Passwords

  • Authors: Noelia Ruiz Martínez

Este complemento engade a opción de falar o texto escrito en controis protexidos como contrasinais, por exemplo, ao iniciar sesión en sitios de correo electrónico baseado en web, onde os caracteres escritos se falan como asteriscos.

Nota: NVDA ten unha opción para configurar se os contrasinais escritos se falarán en terminais de windows. Este complemento non afectará a ese tipo de controis.

Como configuralo

O complemento pódese configurar dende a súa categoría no diálogo de opcións de NVDA, baixo o menú NVDA, submenú Preferencias. Pódese asignar unha orde para abrir o panel de opcións do complemento dende o diálogo Xestos de entrada, categoría Configuración.

Consello: Se non configuraches NVDA para falar caracteres e palabras escritos e desexas escoitar o texto escrito en contrasinais, podes crear un perfil de configuración para habilitar a fala de caracteres e contrasinais escritos, e asignalo a un xesto ou crear un disparador para habilitalo automaticamente en certas situacións. Para maior conveniencia, NVDA preguntará se desexas configurar un perfil dedicado cando o complemento se instale.

Changes for 4.0

  • Compatible with NVDA 2023.1.

Cambios para 3.0

  • Non se pode executar en modo seguro.
  • Compatible con NVDA 2022.1.

Cambios para 2.0

  • Compatible con NVDA 2021.1.

Cambios para 1.0

  • Versión inicial.