Report Symbols

  • Author: Noelia Ruiz Martínez.

Este complemento permíteche escoitar os símbolos escrebidos (carácteres non alfanuméricos ou en branco), aínda cando falar carácteres ao escrebir estea desactivado no NVDA.

Baséase no antigo complemento ReportSymbols, desenvolvido pola mesma autora. Deberías desinstalalo para utilizar esta versión.

Menú Preferencias

  • Opcións de anunciado de símbolos: permite axustar as preferencias para a fala dos símbolos escrebidos.

Nota: pódese asignar un xesto para abrir este diálogo dende o menú NVDA, submenú Preferencias, diálogo Xestos de entrada, categoría Configuración.

Changes for 8.0

  • Compatible with NVDA 2023.1.

Cambios para 7.0

  • Compatible con NVDA 2022.1.

Cambios para 6.0

  • Compatible con NVDA 2021.1.

Cambios para 5.0

  • Require NVDA 2019.3 ou posterior.

Cambios para 4.0

Cambios para 3.0

  • Engadidas caixas de verificación para a fala de espazos, retornos de carro e outros caracteres en branco.

Cambios para 2.0

  • A presentación visual do diálogo mellorouse, adheríndose á apariencia dos diálogos amosados no NVDA.
  • Requírese NVDA 2016.4 ou posterior.

Cambios para 1.0

  • Versión inicial.