Review Cursor Copier

Este complemento de NVDA proporciona varias ordes para copiar o texto baixo o cursor de revisión ao portapapeis. Polo de agora, implementáronse as seguintes ordes:

  • Copiar a liña baixo o cursor de revisión
  • Copiar a palabra baixo o cursor de revisión
  • Copiar dende o comezo da liña actual ao cursor de revisión
  • Copiar dende o cursor de revisión ao remate da liña actual
  • Copiar dende o comezo da palabra actual ao cursor de revisión
  • Copiar dende o cursor de revisión ao remate da palabra actual

Ningunha destas ordes ten teclas asociadas predeterminadamente. Por favor usa o diálogo Xestos de Entrada localizado no menú de opcións do NVDA para configuralos. Todas as ordes proporcionadas por este complemento poden atoparse na categoría "revisión de texto". Pode atoparse máis información acerca de configurar e modificar xestos de entrada na Guía de Usuario do NVDA.

Licencia

Este traballo licenciouse baixo os termos da GNU General Public License, versión 2.