Screen Curtain

  • Autores: Babbage B.V., Joseph Lee
  • Download versión de desenvolvemento
  • Compatibilidade con NVDA: da 2018.3 á 2019.2
  • This is a legacy add-on: NVDA 2019.3 includes screen curtain functionality

Este complemento leva á vida a incidencia do núcleo de NVDA 7857: engadir a funcionalidade de cortina de pantalla en Windows 8 e posterior.

Para utilizar este complemento, vai a NVDA/Ferramentas/Screen Curtain. Se o elemento está marcado a cortina de pantalla está activada, noutro caso está desactivada. Tamén podes asignar un comando para conmutar a cortina de pantalla desde calquera lugar. Cando se alterne esta característica NVDA anunciará unha mensaxe de estado, e no caso de que a cortina de pantalla estea activa cando o NVDA se inicie oirase un ton.

Para pedir a NVDA que active a cortina de pantalla mentres se use, vai a NVDA/Preferencias/Opcións/Screen Curtain. Marca a caixa de verificación "use screen curtain" ("usar cortina de pantalla") para habilitar a cortina de pantalla, desmárcaa para deshabilitala. Tamén podes configurar esta opción cando outro perfil diferente da configuración normal estea activo, de xeito que podes utilizar a cortina de pantalla mentres un perfil estea activo (mentres uses unha app, por exemplo).

IMPORTANTE: éste é un complemento como proba de concepto. Xa que a funcionalidade de cortina de pantalla está incluída en NVDA dende a 2019.3, este complemento está descontinuado.

Versión 18.08

  • Versión inicial.