Screenshots wizard

Este complemento proporciona un asistente para tomar capturas de pantalla da pantalla enteira ou de áreas específicas como obxectos, xanelas, etc. Actívase mediante a tecla imprimir pantalla que en teclados estándar é normalmente a primeira do grupo de tres á dereita do F12. Se prefires utilizar outra, pódese configurar nas preferencias de NVDA, xestos de entrada.

Cando se invoca o asistente, créase un rectángulo virtual arredor do obxecto co foco e actívase unha capa de ordes de teclas coas seguintes

ordes

  • F1 presenta unha mensaxe de axuda con ordes básicas; premela dúas veces abre este documento.

Información do rectángulo

As teclas do 1 ó 7 proporcionan a seguinte información:

  • 1: Coordenadas das esquinas superior esquerda e inferior dereita.
  • 2: Dimensións do rectángulo, ancho por alto.
  • 3: O obxecto de referencia.
  • 4: Proporción da área do rectángulo ocupada polo obxecto de referencia.
  • 5: Indica se parte do obxecto de referencia está fóra do rectángulo.
  • 6: Indica se o rectángulo sobrepasa os límites da xanela activa en primeiro plano.
  • 7: Proporción da pantalla ocupada polo rectángulo.

A tecla espazo le toda esta información nunha liña.

Selección de obxecto

O obxecto de referencia é o obxecto na pantalla que está delimitado polo rectángulo todas as veces. Ó principio, este obxecto será aquel co foco do sistema, pero pódese seleccionar outro coas seguintes teclas:

  • Frecha arriba: enmarca o contedor do obxecto actual.
  • F: Enmarca o obxecto co foco.
  • N: Enmarca o obxecto no navegador de obxectos.
  • W: enmarca a xanela activa.
  • M: enmarca o obxecto baixo o punteiro do rato.
  • S: Enmarca a pantalla enteira.

Coa frecha abaixo os cambios desfanse.

Tamaño do rectángulo

O tamaño do rectángulo pódese modificar utilizando as seguintes teclas:

  • Con shift + frechas móvese a esquina superior esquerda:
  • shift + frecha arriba ou abaixo move o borde superior,
  • shift + left or right arrow movess the left edge.
  • Con control + frechas móvese a esquina inferior dereita:
  • control + frecha arriba ou abaixo move o borde inferior,
  • control + frecha esquerda ou dereita move o borde dereito.
  • control + shift + frecha arriba expande o rectángulo, movendo todos os catro bordes cara fóra.
  • control + shift + frecha abaixo contrae o rectángulo, movendo todos os catro bordes cara dentro.

O númeor de píxeles destes movementos pódese cambiar coas teclas retroceso de páxina e avance de páxina. Tamén nas preferencias.

Ó redimensionar o rectángulo o obxecto de referencia pode cambiar. Sempre tratará de seleccionar o obxecto que estea centrado, en primeiro plano e que ocupe unha área máis grande dentro do rectángulo. Os cambios de obxecto anunciaranse cando se produzan.

OCR

Pressing R will recognize the text included in the rectangle. This may not work in some circumstances, for example if the rectangle is too small or if the Bluetooth audio addon is installed (there is a rare incompatibility).

Capturar a imaxe

A tecla intro captura a imaxe da área da pantalla delimitada polo rectángulo, gárdase nun arquivo e sae.

Shift+enter instead of just enter will bring up a dialog to choose where to save the screenshot instead of automatically saving it to the default folder.

A tecla escape cancela e sae.

Opcións

Nas preferencias de NVDA; opcións, pódense configurar os seguintes axustes:

  • O cartafol onde se gardarán os arquivos. Por defecto, a carpeta de documentos do usuario.
  • O formato do arquivo da imaxe.
  • Whether or not to enlarge the captured image. The scale is calculated based on the size of the rectangle and the screen. Small images will be enlarged further, to a maximum of 4x, and larger ones only to the edge of the screen.
  • A acción despois de gardar (nada, abrir o cartafol ou abrir o arquivo).
  • O número de píxeles para cada movemento.