Search With

  • Autor: Ibrahim Hamadeh
  • Descargar versión estable
  • Compatibilidade con NVDA: 2019.3 en diante

Este complemento axúdache a procurar texto, a través de varios motores de procura. Non selecciones ningún texto, e preme o xesto do complemento, amosarase un diálogo, cunha caixa de edición para introducir unha procura, para buscar con google preme intro, ou tab para procurar con outros motores.

E se queres procurar texto seleccionado, selecciona algo de texto e preme unha vez, amosarase un menú con varios motores de procura para escoller. e podes se queres, premer o xesto dúas veces para procurar o texto con Google directamente.

The Default gesture for the addon is: NVDA+ Windows+ S. If the keystroke do not work for you, or conflict with other keystroke, you can as always add a gesture or change the existent one going to: NVDA menu>preferences>inputGestures>Search With category.

Uso

  • Se queres introducir unha procura, simplemente preme o xesto do complemento. Amosarase un diálogo, cunha caixa de edición para introducir o termo de procura.
  • Queres procurar con google? simplemente preme intro.
  • Noutro caso tabula ata o botón Other engines (Outros Motores), e dalle un espazo, amosarase un menú emerxente, con varios motores de procura a escoller. Yahoo, Bing, DuckDuckGo, e Youtube. Éste é o menú por defecto, e podes modificalo dende o panel de opcións do complemento.
  • Outro xeito de utilizar o complemento, é seleccionando algo de texto. E ó premer o xestos do complemento, ou calquera outro que lle asignases, amosarase un menú virtual con varios motores de procura, xa sexa o menú por defecto, ou calquera outro que ordeases de acordo coas túas necesidades.
  • Escolle un e preme intro, abrirase o navegador por defecto amosando os resultados da procura. Ou, se queres procurar con Google directamente, preme o xesto dúas veces, e feito.
  • Queres lanzar o menú de procura para o portapapeis ou o último texto falado? De acordo, sendo así podes, dende o diálogo de xestos de entrada, asignar un xesto para:
    • Lanzar o menú de procura para o texto do portapapeis, e premido dúas veces procura ese texto en Google directamente.
    • Lanzar o menú de procura para o último texto falado, e premido dúas veces procura ese texto en Google directamente.
  • Queres modificar o menú de Search with? Si podes facelo dende o panel de opcións, e axustar o menú para que se adapte á súa persoalidade e necesidades.
  • Podes dende alí, engadir ó menú de Search with, outros motores de procura dispoñibles. E podes se queres, eliminar un elemento del, mover un elemento arriba, mover un elemento abaixo, ou devolver e configurar o menú ó estado predeterminado.
  • Se queres que estas modificacións sexan permanentes, debes gardar a configuración logo.
  • Queres procurar en Google utilizando outras opcións de lingua?
  • Entón, vai á categoría Search With nos paneis de opcións, dende a caixa combinada de alí, podes escoller buscar en Google dos seguintes xeitos:

    1. Utilizando as opcións e lingua do navegador.
    2. Utilizando a lingua do NVDA.
    3. Utilizando a lingua do Windows.
  • Aínda máis, tes a opción de escoller a procura por defecto no diálogo de Search with. Dende a caixa combinada de opcións para a procura por defecto no panel de opcións, podes escoller entre

    • Deixar en Branco
    • Utilizar texto do portapapeis
    • Utilizar último texto falado
  • E se se escollen o portapapeis ou o último texto falado, o texto na caixa de búsqueda amosarase seleccionado, de xeito que poidas sobrescribilo facilmente.

  • Now let's choose the target language for translate engines, Google Translate and DeepL translator.
  • Still in setting panel, under Translation engines group, there are two combo boxes, one for Google Translate and the other for DeepL Translator. Choose the target language you want for each of them and you are done.
  • Finalmente, en especial para usuarios avanzados
  • Podes, mediante unha caixa de verificación no panel de opcións, escoller se desexas preservar o teu cartafol de datos cando instales unha nova versión. E isto significa que os teus datos se manterán, pero engadíndolles as novas entradas da nova versión.

E iso é todo, desexo que procures o ben e o atopes, feliz procura!

Changes for 2.5.3

  • Add DeepL translator to available engines.
  • Add two combo boxes in setting panel, to choose target language for Google translate and DeepL translator.

Cambios para 2.3

  • Agora escoller preservar os datos dende o panel de opcións non significa que non obterás as novas entradas de datos, senón que as novas entradas na nova versión mesturaranse e engadiranse ó teu arquivo de datos antigo.
  • Actualizar última versión probada a 2023.1 para aliñarse coa versión de NVDA 2023.1.

Trocos para 2.0

  • Deshabilitar o complemento en modo seguro.
  • Actualizar última versión probada 2022.1, para aliñarse coa versión recente da API de complementos.

Trocos para 1.8

  • Engadida unha caixa de verificación no panel de opcións, para permitir a usuarios avanzados preservar o seu cartafol de datos.
  • Engadidos dous novos elementos nos xestos de entrada:
    • lanzar menú de procura para o texto do portapapeis, premer dúas veces para procurar en Google directamente.
    • Lanzar menú de procura para o último texto falado, premer dúas veces para procurar en Google directamente.

Trocos para 1.7

  • Feita unha caixa combinada nas opcións do complemento, para escoller unha opción para a procura por defecto no diálogo de Search with.
  • Podes seleccionar entre deixar en blanco, utilizar o texto do portapapeis, ou utilizar o último texto falado.

Cambios para 1.2

  • Engadidos máis sitios que poderían engadirse ó menú, como Stackoverflow, Stackexchange, GoogleBooks e outros.
  • Engadidas as opcións para utilizar o último texto falado como procura por defecto, no diálogo de search with.

Cambios para 0.4

  • Engadido un diálogo se non hai texto seleccionado, para introducir unha procura.
  • Faise posible modificar o menú de Search with dende o panel de opcións, para adaptarse ás necesidades do usuario.

Cambios para 0.3

  • Engadido panel de opción, dando maiores opcións de lingua na busca de Google.

Cambios para 0.1

  • Versión inicial