Sound Splitter

  • Authors: Joseph Lee, Luke Davis and contributors
  • Descargar Versión estable
  • Compatibilidade con NVDA: 2022.4 e posterior

Este complemento, baseado en parte en Tony's Enhancements de Tony Malykh, engade a posibilidade de separar o audio de NVDA e outros sons en canles de audio separadas.

Nota: este complemento non está pensado para utilizarse en pantallas seguras.

Ordes:

  • Alt+NvDA+S: cambiar entre separador de son activado con NVDA na canle dereita, NVDA na canle esquerda, ou desactivado.

Opcións de Sound Splitter

Podes configurar as opcións do complemento dende menú NVDA/Preferencias/Opcións/categoría Sound Splitter.

  • Split NVDA sound and applications' sounds into left and right channels (Separar o audio de NVDA e o das aplicacións nas canles esquerda e dereita): marcar esta caixa de verificación activará a característica de separación do son.
  • Switch left and right during sound split (Intercambiar esquerda e dereita durante a separación do son): por defecto, NVDA escoitarase a través da canle dereita se a separación de son está activada. Podes, en cambio, oír NVDA pola canle esquerda marcando esta caixa de verificación.

Versión 23.02

  • Require NVDA 2022.4 ou posterior.
  • Requírese Windows 10 21H2 (Actualización de novembro de 2021/compilación 19044) ou posterior.

Versión 23.01

  • Require NVDA 2022.3 ou posterior.
  • Requírese Windows 10 ou posterior xa que Windows 7, 8, e 8.1 xa non se soportan dende Microsoft dende xaneiro do 2023.
  • Actualizada a dependencia psutil á 5.9.4.

Versión 22.03

  • Requírese NVDA 2021.3 ou posterior.
  • Mellorada a seguridade non cargando o complemento cando NVDA se está executando en modo seguro.
  • Actualizada a dependencia psutil á 5.9.0.
  • Modificado o atallo para alternar o separador de son (Alt+NVDA+S) para cambiar entre NVDA na canle dereita, na canle esquerda ou separador de son desactivado.

Versión 22.02.1

  • Arranxado que o audio de NVDA e as aplicacións non se restaurase a ambas canles tras desactivar ou desinstalar o complemento.

Versión 22.02

  • Versión inicial baseada no complemento Tony's Enhancements de Tony Malykh.