systrayList

  • Autores: Rui Fontes, Rui Batista , Joseph Lee, Colaboradores da Comunidade de NVDA
  • Descargar versión estable
  • Compatibilidade con NVDA: 2019.3 en diante

Este complemento permíteche ler e activar iconas na bandexa do sistema ou na barra de tarefas, dentro dunha caixa de lista, para un acceso e interacción sinxelo con aqueles elementos. Co complemento instalado, preme NVDA+f11 unha vez para despregar este diálogo cos elementos da bandexa do sistema, e preme dúas veces para despregar cos elementos da barra de tarefas, que son as aplicacións actualmente en execución.

Ten en conta que podes acesar a bandexa do sistema no windows en calquer programa lector de pantalla utilizando o atallo de teclado windows+b, e á barra de tarefas premendo Windows+t. Este plugin só é útil para facer a transición máis sinxela dende JAWS for Windows e evitar algúns consellos que poderán despregarse cando se percorre pola bandexa do sistema co teclado de Windows.

Cambios para 4.0 - 2020-01-03

  • Require NVDA 2019.3 ou posterior.
  • Xa non se soportan versións de windows anteriores a Windows 7 Service Pack
  • O complemento renomeouse a "SysTrayList".
  • O diálogo de solicitude de donación xa non aparecerá ao instalar ou actualizar o complemento.

Cambios para 3.2 - 2018-12-24

  • Máis trocos de código para soportar Python 3.

Cambios para 3.1 - 2018-11-24

  • Trocos internos para soportar versións futuras de NVDA.

Cambios para 3.0 - 2018-10-25

O soporte para versións de Windows anteriores a Windows 7 Service Pack 1 rematará en 2019.

  • O complemento é compatible con Python 3.

Cambios para 2.0 - 2017-05-20

  • O diálogo Bandexa do systema/barra de tarefas agora está centrado na pantalla.
  • Correxidos varios problemas da interfaz do usuario.
  • Traducións novas e actualizacións.

Cambios para 1.5 - 2015-mm-dd

  • Correxida a acción do clic exquerdo e dereito.
  • A axuda do complemento está dispoñible dende o Administrador de complementos.
  • Actualizacións das traduccións.

Cambios para 1.4 - 2013-01-19

  • Require NVDA 2012.3beta2 ou superior.
  • Engádese unha petición de doazóns ó procedemento de instalación
  • Implementado o soporte de Barras de tarefas
  • Novas traduccións: Árabe, Búlgaro, Holandés, Finlandés, Galego, Grego, Húngaro, Italiano, Xaponés, Coreano, Nepalí, Noruego, Polaco, Portugués do Brasil, Ruso, Eslovaco, Tamil, Chino Tradicional Hong Kong.

Cambios para 1.3 - 2012-05-25

  • Convertido a un paquete add-on
  • Traduccións ó Francés e Turco.

Cambios para 1.2 - 2012-04.25

  • Traducións ó Español e ó Alemán. Gracias a todos os que contribuiron.

Cambios para 1.1 - 2012-03-20

  • Correxido un fallo que facía imposible utilizar o plugin cando unha traducción gettext non estaba dispoñible

Cambios para 1.0 - 2012-03-19

  • Versión Inicial