Text Information

Este complemento permite obter información segundo o texto seleccionado. Simplemente selecciona algo e preme unha tecla rápida para obter información. Con sorte, presentaráseche algo axeitado ao contesto.

Nota: Este paquete distribúese baixo a GNU General Public License, versión 2 ou posterior. Por favor consulta o arquivo COPYING.txt para máis detalles.

Ordes de teclado

Nota: Estas ordes asumen que estás a utilizar a distribución de teclado en inglés, e poden non funcionar noutro caso. Se hai problemas, tenta cambialas primeiro no diálogo de Xestos de Entrada.

  • NVDA+; (punto e coma): Proporciona información sobre o texto que está seleccionado.
  • NVDA+shift+; (punto e coma): proporciona información sobre texto no portapapeis
  • NVDA+ctrl+; (punto e coma): fala a última información reportada. Preme dúas veces para que sexa amosada nun diálogo.

Servizos soportados

Actualmente sopórtanse as seguintes características:

  • Información de enderezo IP a través da API de IPinfoDB. Proporciónase una clave da API, mais non se garante que sempre vaia funcionar. Podes xerar unha propia e introducila na parte superior de init.py, reemprazando á antiga.
  • Definicións de inglés do princeton wordnetweb. Nota: estas definicións non son as mellores, e a base de datos carece de definicións para palabras simples, p. ex. could, you, etc.
  • Consultas de ISBN mediante a API de Google Books
  • Verificación do tipo de tarxeta de crédito

Nota: Úsanse expresións regulares para verificar os datos. Hai algunhas que actualmente non se usan, como números de teléfono e correos electrónicos. Isto pode cambiar no futuro.

Como contribuír

Aprécianse as contribucións. Pode ben enviar unha PR, ben contactar coa seguinte información:

twitter: @cartertemm

email: crtbraille@gmail.com