Time Zoner

  • Autor: Munawar Bijani
  • Descargar versión estable
  • Compatibilidade con NVDA: 2019.2.1 e posterior

Un complemento para NVDA que anuncia a hora na zona horaria seleccionada.

Introdución

Durante moitísimo tempo, Windows tivo a posibilidade de de mostrar varios reloxos con zonas horarias diferentes. Os usuarios poden persoalizar os reloxos e éstes visibilízanse automaticamente.

Lamentablemente, para usuarios de lectores de pantallas como NVDA or JAWS, non existe unha forma simple para obter esta información. Estes lectores de pantallas non soportan reloxos adicionais, de maneira que os usuarios cegos de ordenadores teñen que recorrer a outros, solucións de terceiros, algunhas das cales son de pagamento.

Moito do traballo que eu fago implica traballar entre zonas horarias, e algunha vez téñome cansado de converter as horas mentalmente, especialmente en zonas horarias que non están aliñadas coa hora en punto (como India, que é UTC+5:30).

Por estas razóns, creeis este complemento para NVDA. O complemento permíteche oír as horas nas zonas horarias seleccionadas mediante o uso do anel de zonas horarias.

Uso

O complemento soporta tanto a versión antiga como a de Python 3 do NVDA:

Unha vez o complemento estea instalado, preme NVDA+N para facer aparecer o menú de contexto de NVDA. Móvete coa frecha abaixo ata "Preferencias" e logo ata "Time Zoner".

Preme Intro en "configure timezone ring" (Configurar anel de zonas horarias).

Presentaráseche un diálogo para establecer as zonas horarias para as que queres que se anuncien a data e a hora.

Selecciona elementos na listaxe de zonas horarias para engadilos ao teu anel de zonas horarias. Desselecciónaos (ou preme o botón Remove -Eliminar-) para eliminalos do anel.

Tamén podes reordear as zonas horarias no anel utilizando os botóns Move Up e Move down (Mover Arriba/Abaixo).

Utiliza a caixa "Filter" (Filtrar") para buscar zonas horarias específicas.

Marca a caixa "Announce abreviated timezones" (Anunciar zonas horarias abreviadas) para oír nomes de zonas horarias abreviados como IST ou GMT. Desmarca a caixa para oír os nomes completos das zonas horarias como Asia/Kolkata ou Europe/London.

Cando remates de configurar as zonas horarias, preme o botón Save (Gardar).

De agora en diante, podes premer NVDA+Alt+T para que se anuncien a data e a hora no teu anel de zonas horarias.

Cando instales o complemento por primeira vez, NVDA predeterminarase á túa zona horaria local se a pode obter.

Rexistro de Trocos

Versión 1.03, publicada o 21/03/2020

  • O complemento xa non falla se a zona horaria por defecto non se pode establecer.
  • Arranxado un problema con ligazóns relativas na documentación.

Versión 1.02, publicada o 18/03/2020

  • Ao instalar unha nova versión deste complemento, xa non se perden as opcións dunha instalación anterior.
  • OUtros cambios de conformidade coas especificacións do estándar de complementos para NVDA.

Versión 1.01, publicada o 12/03/2020

  • A data e a hora anúncianse na lingua do usuario, significando que o formato de 24 horas procesarase se está configurado.
  • NVDA anunciará ou a zona horaria areviada ou a completa, dependendo da configuración do usuario no diálogo de anel de zonas horarias.
  • O complemento inclúe comentarios para tradutores (@ruifontes).
  • O complemento agora inclúe comentarios de cabeceira (@ruifontes).
  • A tecla Escape pecha o diálogo do Anel de Zonas Horarias (@ruifontes).
  • Agora o elemento de menú de para abrir o diálogo do Anel de Zonas Horarias chámase apropiadamente (@ruifontes).
  • Agora NVDA predetermínase á zona horaria local na instalacion deste complemento, se a zona horaria local está dispoñible.
  • Soporte para múltiples zonas horarias utilizando un anel de zonas horarias.
  • Este complemento utiliza a tecla NVDA+Alt+T para previr conflitos co complemento Clock.
  • O diálogo do selector de zona horaria agora ten unha caixa de filtrado. NVDA anunciará o número de resultados tan axiña como o usuario comece a escribir na caixa de filtro.
  • Soporte para Python 2
  • A data e a hora agora anúncianse nun fío separado para previr colgar o fío do NVDA en caso de que a obtención leve algo de tempo.
  • O diálogo de selector de zona horaria agora ten un botón Cancel (Cancelar) e xa non prevén que NVDA se apague.