ToolbarsExplorer

Este complemento facilita utilizar barras de ferramentas nas aplicacións, proporcionando un modelo de exploración derivado da navegación de obxectos, con xestos simplificados.

Atallos

  • Alt+aplicacións: iniciar exploración de barras de ferramentas
    (podes reasignalo mediante o administrador de xestos do NVDA; baixo Navegación de obxectos).

Durante a exploración, están dispoñibles os seguintes xestos:

  • Frecha esquerda/dereita: móvese á anterior/seguinte barra de ferramentas;
  • Frecha arriba/abaixo: desprázase cara arriba/abaixo polos elementos da barra de ferramentas actual;
  • Enter: activa a barar de ferramentas ou o seu elemento;
  • Espazo: simula un click esquerdo do rato na barra de ferramentas ou o seu elemento;
  • Aplicacións/shift+f10: simula un click dereito do rato na barra de ferramentas ou o seu elemento;
  • Escape: sae da exploración.

Ademais, podes realizar accións en barras de ferramentas ou os seus elementos usando calquera xesto proporcionado polo NVDA, exactamente como ao moverte a obxectos coa navegación de obxectos estándar.

Notas

A exploración remata de maneira explícita premendo escape, e implícita:

  • Realizando unha acción sobre a barra de ferramentas ou o seu elemento (con espazo, aplicacións / shift+f10, enter);
  • premendo un xesto que se mova fóra do obxecto actual da barra de ferramentas (alt, Windows, tab, NVDA+F1, xestos de navegación por obxectos, etc.).

Outros xestos que non conteñan alt, Windows ou escape (como h, 1, shift, shift+h, control+z) simplemente non fan nada.

Suxestións

  • O complemento pode fallar nas aplicacións de Mozilla a primeira vez trala instalación/actualización do complemento; por favor reinicia NVDA e as aplicacións de Mozilla para resolvelo;
  • No LibreOffice, a mellor configuración é probablemente a barra de ferramentas predeterminada ou unha soa, establéceo no menú ver/posición de barra de ferramentas.