Práctica de Ordes de teclado

Este complemento está destinado á práctica das ordes de teclado do NVDA de forma similar a un xogo, tanto no modo de distribución portátil como no de escritorio.

Todos os datos dos comandos extráense dende o arquivo keyCommands.html no cartafol de documentación traducida en NVDA.

Este complemento non ten ningún xesto ou atallo predeterminado.

Terás que asignarlle un xesto específico: menú NVDA>preferencias>xestosDeEntrada>trainingKeyboardCommands.

Uso

  • Elixes o modo de distribución de teclado co que queres practicar, e comezas a xogar
  • Amosaranse unha pregunta ou orde e a súa descrición, e terás que premer correctamente as teclas ou a resposta relacionada
  • Se elixiches a resposta correcta, engadirase un punto ó teu marcador
  • Se a resposta foi incorrecta, o marcador non cambiará e continuarás sen pérdidas
  • En calquera momento, se queres saír, preguntaráseche se desexas gardar as preguntas restantes para a vindeira ronda
  • Se máis tarde escolles unha distribución con preguntas gardadas, preguntaráseche se queres retomar as preguntas restantes da ronda anterior
  • Answering all questions, about 110 for each layout, you will be declared a winner deserving NVDA addon's cup.

https://www.nvaccess.org/addonStore/legacy?file=trainingKeyboardCommands

https://www.nvaccess.org/addonStore/legacy?file=trainingKeyboardCommands